A Xunta abandona o antigo Sanatorio de Cesuras para facer nu xeriátrico privado

A Xunta abandona o antigo Sanatorio de Cesuras para facer nu xeriátrico privado

A Xunta abandona o antigo Sanatorio de Cesuras para facer nu xeriátrico privado

O deputado socialista Emilio Vázquez esixiulle hoxe ao goberno galego que cumpra co seu compromiso de investir dous millóns de euros na rehabilitación do Sanatorio de Cesuras para convertelo nun centro de día e xeriátrico. Vázquez presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria na que advertiu do desbotamento do proxecto fronte á construción dun centro privado en Porzomillos.

Reclamou a recuperación do proxecto inicial, incluído no coñecido como Plan de Viabilidade, anunciado polo goberno galego como unha sorte de “premio aos valentes” para “vestir” a fusión deste concello co de Oza dos Ríos. Hoxe a rehabilitación queda desbotada, perdendo un servizo público fundamental e ademais un inmoble proxectado polo arquitecto Rafael González Villar e comezado a construír en 1931.

Vázquez lamenta que “os veciños de Oza – Cesuras, unha vez máis, están a ser vítimas das falsas promesas do goberno do PP que intentaron xustificar unha fusión feita ás costas dos veciños e que serviu de parapeto á falla de política territorial” por parte do Goberno, que “descaradamente utiliza á Deputación de A Coruña” para xustificar o seu desleixo.

Explica que cinco anos despois do anuncio da fusión, o Goberno municipal anunciou a renuncia á rehabilitación do Sanatorio do Paraxón e “rescata un proxecto de residencia privada do ano 2003”, promovido pola empresa Lucus Residencial.

Abandono

Sinalou que se trata dun dos “moitos casos de abandono que por desgraza nos atopamos no territorio”, e que desta volta ademais dos veciños e veciñas é o propio Patrimonio cultural de Galicia o que é “vítima dunha falsa promesa que condena ao Sanatorio de Cesuras ao desleixo sen alternativa aparente”.

O sanatorio forma parte da “tristemente coñecida lista vermella da Asociación Hispania Nostra”, que defende o patrimonio artístico de Galicia poñendo de manifesto a situación de abandono dos bens de Galicia. Advertiu que “”o 30 por cento dos BIC xa non existen ou se atopan nunha situación de grave risco sen que o goberno galego faga nada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar