A Xunta abandona ás vítimas de violencia de xénero

A Xunta abandona ás vítimas de violencia de xénero

A Xunta abandona ás vítimas de violencia de xénero

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de abandonar ás vítimas ao vetar unha iniciativa socialista para que a Xunta estude de forma pormenorizada cada caso de violencia de xénero rexistrado nos últimos cinco anos no que a vítima falecera a mans do maltratador logo de ter imposto unha denuncia.

No Pleno do Parlamento celebrado hoxe, Gallego censurou que o goberno galego estea pedíndolle ás vítimas que denuncien aos maltratadores ao tempo que lles retira as medidas de protección. Aludiu así ao descenso constante do número de denuncias está a baixar cada ano, e sinalou que das 5.174 denuncias presentadas en Galicia en 2013, só se realizaron 1.067 solicitudes de protección, das que foron rexeitadas 409.

Reclamoulle ao goberno galego o motivo que leva a rexeitar as solicitudes, o que pode servir como perigoso elemento disuasorio, máxime cando o 80 por cento das maltratadas non denuncia, e cada ano hai mais mulleres que se retiran unha vez que comeza o proceso penal.

Galicia, dixo, estivo nos últimos anos á cabeza das comunidades autónomas en mortes por violencia machista, con 27 mulleres falecidas dende o ano 2009 e 51 dende 2000. Sinala que “algo está fallando” cando o 30 por cento das mulleres que faleceron por violencia de xénero en 2013 tiñan denunciado aos seus agresores e verdugos, evidenciando “os fallos na formación e no cumprimento dos protocolos de seguridade”.

Incumprimentos e recortes

Gallego apuntou aos “diversos incumprimentos da Lei de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, a súa incorrecta aplicación e os pasos atrás que se teñen dado cos recortes” impostos polo goberno do PP como principais motivos para o repunte da violencia machista e a diminución das denuncias.

Coincidindo coa celebración, onte, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a deputada socialista valorou as medidas postas en marcha pola dita Lei, que en decembro cumpre 10 anos, si ben alertou das eivas acumuladas na súa aplicación. Sinalou á “incorrecta aplicación das ordes de afastamento, a falla de medios por parte das administracións ou á insuficiente dotación dos corpos e forzas de seguridade do Estado”.

Tamén salientou a importante redución nas ordes de protección, unha peor protección e atención global e a necesidade de investir en prevención como algunhas das preocupacións das asociacións de vítimas.

Estas entidades, dixo, están a reclamar a modificación da Lei para ampliar as medidas penais e civís, establecer novos tipos penais como o acoso, darlle encaixe legal aos dispositivos electrónicos, incluír o ciberacoso, mellorar a execución das penas, clarificar o concepto de violencia de xénero e mellorar as avaliacións de risco policial.

Iniciativa

A iniciativa socialista debatida hoxe reclamaba a posta en marcha de forma inmediata “dun estudo pormenorizado das circunstancias que ocasionaron en cada caso que a vítima de violencia de xénero morrera a mans do maltratador, despois de ter denunciado en Galicia nos últimos cinco anos”. Ademais reclama que se presenten conclusións para “poder implementar as medidas necesarias para evitar que eses casos se repitan”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar