A Xunta abandona aos galegos afectados por cláusulas chan

A Xunta abandona aos galegos afectados por cláusulas chan

A Xunta abandona aos galegos afectados por cláusulas chan

VivendaO portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, acusou hoxe á Xunta de abandonar aos galegos e galegas afectados polas cláusulas chan, declaradas ilegais polo Tribunal Supremo. Presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que lamentou que o Instituto Galego de Consumo non teña aplicado unha soa sanción ou expediente ás entidades financeiras, tal e como confirmou o conselleiro de Economía e Industria.

O responsable socialista lembrou que diversas entidades están a retirar de oficio as ditas cláusulas abusivas atendendo ás reiteradas sentenzas do Supremo, entre elas Abanca ou BBVA, si ben outras néganse e obrigan a cada persoa a iniciar un xuízo particular pola súa hipoteca. A entidade francesa Sociètè Gènèrale estimou que os beneficios por estas cláusulas suman 780 millóns de euros en toda España.

Sánchez Bugallo criticou o desinterese do goberno en defender aos milleiros de afectados en Galicia por un “abuso de posición dominante”, en palabras do propio Valedor do Pobo, negándose a dar cumprimento ao acordo do Pleno do Parlamento para que o IGC iniciara as “medidas sancionadoras oportunas”.

As nulas medidas sancionadoras efectivas contrastan cos 2.519 desafiuzamentos rexistrados en Galicia o ano pasado, un 4,8 por cento mais que no ano anterior e que xa suman 15.000 baixo a presidencia de Feijóo.

O goberno galego responde a esta realidade con tan só 43 realoxados e a friolera de 124.000 euros de axudas a empresas e 21.200 a particulares en total para vivenda protexida, o equivalente a “unha axuda”, precisou Sánchez Bugallo.

Estas cifras e a resposta do goberno galego, dixo o parlamentario socialista, “desgraciadamente pon en cuestión a sinceridade do seu goberno ao manifestar preocupación polos mais débiles”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar