A Xunta "abandona á súa sorte" ás federacións deportivas galegas

A Xunta "abandona á súa sorte" ás federacións deportivas galegas

A Xunta "abandona á súa sorte" ás federacións deportivas galegas

Carmen Acuña acusa ao PP de rachar co compromiso de Feijóo ao votar no Parlamento en contra da "Unión de Federacións Deportivas".

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe á Xunta de “abandonar á súa sorte” as Federacións Galegas logo de votar en contra de crear e recoñecer como tal na Lei do Deporte de Galicia a figura da Unión de Federacións Deportivas Galegas. A responsable socialista advertiu que o PP está a rachar así co compromiso explícito do presidente da Xunta coas organizacións deportivas.

Carmen Acuña presentou unha proposición non de Lei na Comisión Institucional do Parlamento para pedirlle á Xunta que recoñeza e regule esa organización, incluíndoa na Lei do Deporte.

Esta demanda, dixo, foi consensuada coas organizacións deportivas galegas,que vían nesta figura o instrumento mais adecuado para a loita que están a manter para garantir a súa supervivencia fronte aos graves problemas que teñen neste momento como son o da licenza única imposta polo goberno central, que vai dificultar a súa capacidade de recadación, mentres as axudas públicas cos recortes cada dia son mais pequenas .

As organizacións deportivas galegas, fundamentais no desenvolvemento do deporte de base, ven ameazada a súa supervivencia mentres o PP e o goberno galego “viven nunha illa totalmente alleos á realidade”.

O resultado, dixo, “constata a falla de ética do PP e unha nova mentira do presidente da Xunta, pois renuncian a axudar e protexer a estas organizacións tal e como tiña prometido Feijoo preocupándose só de “dirixir e manipular os procesos electorais”que estan a facer as federacións neste momento.

Así o demostra, dixo, que o presidente da Deputación de Pontevedra se teña postulado como candidato para presidir a Federación Galega de Fútbol,despois de ter sementado a provincia de campos de herba artificial financiados con cartos públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar