A Xunta desvela que quere reducir a planta xudicial galega a 7 partidos nas grandes cidades

A Xunta desvela que quere reducir a planta xudicial galega a 7 partidos nas grandes cidades

A Xunta desvela que quere reducir a planta xudicial galega a 7 partidos nas grandes cidades

xustizaA portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, denunciou que o goberno galego queira limitar a planta xudicial galega, composta por 45 partidos xudiciais, a tan só 7 tribunais de instancia. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento no que sinalou que a proposta da Xunta supón facer dos 38 restantes simples “sedes operativas sen actividade xurídica real”.

A deputada socialista dixo que, fronte á Lei do goberno central, que quere pasar de 45 partidos xudiciais a tan só un por cada capital de provincia, o PP se limita a manter un en cada unha das sete grandes cidades. Dixo que os socialistas galegos “queremos 45 partidos xudiciais” con cadanseu tribunal de instancia, como ven sucedendo ata agora, para garantir a igualdade e o achegamento da xustiza ao cidadán.

Lembrou que tanto o Consello Xeral da Avogacía como todos os operadores e colectivos do entorno xurídico coinciden cos socialistas galegos ao denunciar que o goberno pretende “instalar sedes operativas mantendo algúns funcionarios e que funcionen como sedes administrativas nos que depositar notificacións pero sen actividade xurisdiccional”.

Ego desmedido

Censurou o “ego desmedido” do conselleiro de Presidencia logo de ter descualificado aos socialistas galegos no momento de coñecer o anteproxecto de Lei de reforma da Xustiza, criticando supostas “mentiras, manipulacións e falsidades” que finalmente se converteron en realidade. A realidade, dixo, é que “se demostraron incapaces de actuar con responsabilidade cara este país e defender a Galicia” nesta reforma.

Acusou ao goberno galego de renunciar a exercer as competencias de Galicia en materia xudicial para actuar antes de que fora aprobada a dita Lei. Criticou que “vostede actúa a posteriori, como fixo coa administración local e agora temos concellos que van quedar sen Servizos Sociais porque vostede pregou o xeonllo ante Madrid”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar