A xestión sanitaria de Feijóo, "unha gran trampa" para privatizar a sanidade galega

A xestión sanitaria de Feijóo, "unha gran trampa" para privatizar a sanidade galega

A xestión sanitaria de Feijóo, "unha gran trampa" para privatizar a sanidade galega

PlenoA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, dixo hoxe que a Estratexia Sanitaria de Feijóo constitúe unha “gran trampa” sostida na “mentira e o fracaso” da xestión do goberno galego. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Sanidade na Cámara autonómica para presentar os resultados da denominada Estratexia Sergas 2014

A responsable socialista advertiu que a dita estratexia resultou “perfecta para Feijóo pero tráxica para a nosa sanidade pública”, xa que “busca recortar e destrozar o sistema sanitario público galego mentres incrementa e potencia o privado”.

Na súa intervención, explicou que a sanidade pública ten hoxe 1.261 millóns de euros de orzamento menos que en 2009, ademais de ter expulsado a lo menos a 2.093 profesionais sanitarios. Lembrou que o Sergas ten asinado 150.000 contratos no ano 2014, con “mais de 449 contratos ao día”, e impoñendo unhas condicións laborais insoportables aos profesionais da sanidade pública.

Criticou que mentres recortan a sanidade pública, impoñen copagos, retiraron mais de 400 fármacos do financiamento público e contratan servizos coas empresas privadas. Lembrou a contratación da central de chamadas, informatización, esterilización, mantemento e subministros, esterilización, ou mesmo o novo hospital de Vigo financiado pola iniciativa privada mentres negan o servizo de hemodinámica 24 horas a Lugo.

Acuña ironizou cos obxectivos da dita Estratexia, que prevía “orientar aos cidadáns usuarios e pacientes a buscar solucións”, pero “o que non dicía é que esas solucións as ían ter que buscar na privada”. Mentres apunta a servir de “impacto para o desenrolo económico e social”, puntualizou a responsable socialista, “me temo que o desenrolo das multinacionais e das empresas foráneas”.

A deputada socialista criticou que o documento do goberno galego estableza como obxectivo a “promoción e prevención da saúde”, mentres se negan a incluír as vacinas da varicela e do meningococo no calendario de vacinación infantil e impiden a súa venda en farmacias.

Acusou ao goberno galego de ter situado a Galicia “nos opostos de cabeza en privatizacións” de todo o Estado, logo de Madrid e Cataluña. Mentres, incumpren tódolos seus compromisos en materia de infraestruturas, paralizando o Centro de Alta Resolución, os 63 novos centros de saúde, o novo hospital de Pontevedra, a dotación para Lugo e enviando á privada o Hospital de Vigo con maior custe e menos camas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar