A xestión neglixente da Edar de Ribeira provoca "graves danos de saúde e medioambientais"

A xestión neglixente da Edar de Ribeira provoca "graves danos de saúde e medioambientais"

A xestión neglixente da Edar de Ribeira provoca “graves danos de saúde e medioambientais”

A deputada socialista Loli Toja denunciou hoxe que a “xestión neglixente” da construción da Edar de Ribeira está a provocar graves problemas de vertidos que derivan nun perigo para a saúde da poboación afectada e un importante dano medioambiental. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Parlamento sobre esta situación e reclamou “responsabilidades políticas” ao goberno.

A responsable socialista reclamou que o goberno paralice a entrega da obra mentres persistan estes problemas, e lamentou que “nin a empresa adxudicataria nin as administracións implicadas” teñan tomado ningún tipo de medida. Sinalou que os últimos seis meses téñense repetido episodios de vertidos incontrolados de residuos, presenza de augas fecais en praias e ríos, emisión de gases tóxicos e olores insalubres.

Toja censurou a “frialdade e falta de humanidade” dun goberno a quen “as persoas non lle interesan o máis mínimo. Esixiu que “non procedan a aceptación e entrega da obra ata ata que estean solventados todos os problemas e comproben que o funcionamento é correcto, que teñen resolto os problemas ocorridos, fagan un informe e aprendan para o futuro”.

A responsable socialista denunciou a “falla de seriedade” da Consellería de Medio Ambiente, que “vai a Ribeira hai 5 días a dicir que é unha obra complexa pero sen dar respostas concretas”.

Lembrou que a execución da obra incumpriu o proxecto inicial, que separaba as augas residuais urbanas ao emisario de Couso das industriais, que serían canalizadas a Touro, o cal “non se levou a cabo”. Ademais, de acordo cos informes en poder do Concello, os elevados niveis de ácido sulfhídrico, en ocasións por enriba do límite permitido, débense aos vertidos dunha conserveira á rede de residuos urbanos.

Estes vertidos afectan a unha zona de vivendas das parroquias de Castiñeiras e Aguiño, así como unha zona de praias convertida nun estanque de fecais debido ao aliviadoiro nun lugar no que “non é o río o que desauga no mar, senón ao contrario”, impedindo a evacuación dos residuos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar