A xestión irrelevante de Feijóo provoca o empeoramento da situación económica de Galicia

A xestión irrelevante de Feijóo provoca o empeoramento da situación económica de Galicia

A xestión irrelevante de Feijóo provoca o empeoramento da situación económica de Galicia

Méndez Romeu. Pleno do parlamentoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou que o presidente da Xunta manteña unha “actividade económica mínima e unha actividade política cada vez mais irrelevante” mentres a situación económica e social de Galicia vai “a peor”. Solicitou un Pleno Extraordinario en xullo para analizar os servizos públicos no verán, a crise do sector lácteo e a suposta axenda social de Feijóo.

Méndez Romeu fixo balance do período de sesións que ven de rematar no Parlamento sinalando que “si Feijóo demostrou a súa incapacidade cando levabamos a metade da lexislatura, doce meses despois a situación aínda é peor”. Agravada, dixo, por unha suposta batería de iniciativas sociais dende os gobernos central e autonómico que anticipan unha longa precampaña electoral.

O responsable socialista lembrou os datos feitos públicos onte polo Foro Económico de Galicia, que evidencian a diverxencia progresiva de Galicia co seu entorno a tódolos niveis. Coa taxa de paro moi por enriba da media estatal e centrada no emprego precario, e a taxa de actividade 6 puntos por debaixo, a situación é de que “xa non existe diferencial positivo con respecto ao resto do Estado”.

O emprego medra menos que a media, o PIB medra unha terceira parte que no Estado –á metade no último trimestre analizado, e sorprendentemente a Xunta reduce a execución orzamentaria a niveis alarmantes. Sinalou que nos catro primeiros meses do ano o goberno galego só executou o 10 por cento do investimento.

A baixa actividade lexislativa, con dous proxectos de Lei en seis meses fronte ás 20 comprometidas por Feijóo o pasado ano, redondean o balance dun goberno cunha “actividade mínima” e un presidente “cada vez mais irrelevante”. Como demostración, sinalou que Galicia só foi capaz de captar o 0,24 por cento do investimento exterior de todo o Estado, fronte ao 1,4 por cento de 2013.

Plan Estratéxico

Méndez Romeu criticou que Feijóo teña anunciado a “apertura” do Plan Estratéxico Rexional 2020, co que, ironizou, “anuncia un plan e invita á xente a facer aportacións sobre a nada, sobre un power point”. Lembrou así que o anterior Plan de Desenvolvemento Rexional 2010 – 2014, presentado como “a segunda modernización de Galicia”, deixou sen executar 8.000 millóns de euros de gasto comprometido.

Lamentou que o goberno galego sexa “incapaz de cumprir cos obxectivos que eles mesmos se fixan” cunha iniciativa que en lugar de aumentar o PIB de Galicia ata acadar o 95 por cento da UE en 2014, cando “tan só acadaron o 87 por cento, un 90 po cento menos que en 2010”.

Criticou a nova axenda socioeconómica de Feijóo, motivada polas “urxencias electorais” que provocaron a perda dunha cuarta parte dos seus electores –unha terceira parte nas áreas urbanas-. Así, logo de negarse a impulsar unha política de vivenda pública para Galicia, agora “presenta novos anuncios contra os desafiuzamentos, pero carentes de financiamento”.

Deputación Permanente

O responsable socialista anunciou que os socialistas galegos tramitarán o próximo luns a solicitude de convocatoria da Deputación Permanente na que solicitarán a convocatoria dun Pleno Extraordinario no mes de xullo para analizar a caída dos servizos públicos no verán, a crise do sector lácteo, e os medios, prazas e financiamento previstos na aparente nova axenda social anunciada polo goberno galego.

Méndez Romeu fixo balance das iniciativas presentadas polos socialistas galegos no último período de sesións, que abrangue entre os meses de febreiro e xuño, na que foron aprobadas dúas Proposicións de Lei presentadas polos socialistas galegos, a Lei de Dignidade dos enfermos en situación terminal, e a de Igualdade e non discriminación das persoas LGTBI.

As dúas normas, dixo, “afectan aos dereitos das persoas e presentan contido e rigor, co que mereceron o apoio da Cámara”. Ademais, os socialistas galegos centraron a actividade parlamentaria na situación dos servizos sociais, a sanidade, os sectores produtivos e a política social, “os temas que preocupan e que están hoxe na axenda da cidadanía”.

Financiamento irregular

Méndez Romeu fixo alusión tamén á “enésima confirmación do financiamento irregular do PP” recibida nas últimas horas e que “confirma que o financiamento irregular é estrutural en toda a historia democrática” deste partido. Denunciou que o presidente da Xunta e do PP continúa sen ofrecer información oficial e remachou que “Feijóo non pode mirar para outro lado e escamotear información pública”.

Tamén cualificou de “vodevil” a situación das Mareas, logo de que os seus responsables se demostren “mais preocupados de pechar alianzas espurias e de escoller socios para as eleccións xerais que de gobernar os concellos”.

Logo de desprezar á que etiquetan como vella política, criticou que a nova política “non se preocupa nada mais que polo reparto puro e duro de prebendas de poder”. Subliñou que “lles digo o mesmo que ao PP: gobernar é executar orzamentos, cumprir cos compromisos e resolver problemas, e a ser posible non crear novos problemas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar