A xestión do Sergas e os recortes, orixe do colapso no CHUAC

A xestión do Sergas e os recortes, orixe do colapso no CHUAC

A xestión do Sergas e os recortes, orixe do colapso no CHUAC

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, dixo que a xestión caótica do Sergas e o recorte de recursos foron os causantes do colapso do Hospital de A Coruña –CHUAC- no último pico da gripe. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade na que advertiu de situacións “inaceptables” provocadas pola precariedade do centro.

O responsable socialista apuntou a esperas de pacientes durante máis de 36 horas nos corredores do centro, así como ambulancias paralizadas porque as súas camillas foran “confiscadas” para utilizar no mesmo centro ante a falla de material. Torrado lamentou que o goberno galego non aclarara hoxe se desprogramaran operacións para facer fronte á última crise, e tampouco ofrecera datos sobre o seu suposto Plan de continxencia.

Explicou que tanto os problemas de xestión como o déficit de recursos leva ao centro a unha “situación límite” sempre que se rexistran “momentos de estres asistencial”, e que “xeralmente explota en urxencias” pero responde a unha situación xeral. Sinalou como exemplo o caso de enfermeiras que teñen que atender ata 40 pacientes cada unha, o peche de camas, como nos casos do Abente e Lago ou a planta de Xinecoloxía.

Revelou ademais a situación do Servizo de Psiquiatría, sen espazo para actividades nin visitas, con baños compartidos por 16 pacientes, habitacións de contención “colectivas”, dificultade para a organización participativa dos equipos asistenciais ou a infradotación de persoal.

O responsable socialista reclamou “datos e informes” sobre a “situación real” do centro como vía para “avaliar os problemas e atopar solucións”, e apuntou á proposta da creación dun Hospital de Día como unha medida “interesante”.

Instou á Xunta a “poñer dunha vez por todas os recursos necesarios para unha mellor prevención sanitaria”, con recursos, melloras dos ratios de persoal e dispoñibilidade de camas, “que non son suficientes” para unha poboación cada vez máis envellecida. “O sistema sanitario non se adapta ás necesidades”, lamentou.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar