A xestión da educación pola Xunta é "digna de Mortadelo e Filemón"

A xestión da educación pola Xunta é "digna de Mortadelo e Filemón"

A xestión da educación pola Xunta é "digna de Mortadelo e Filemón"

Vicente Docasar reclámalle a Feijóo e ao conselleiro Vázquez que repoñan paulatinamente as condicións arrebatadas aos profesionais do ensino e aos centros educativos.

Cuestiona a imposición dunha Lomce “profundamente sectaria”, critica a “implantación trapalleira” da FP Básica e acusa ao goberno galego de provocar un “éxodo masivo” de docentes cara á xubilación.

Esíxelle ao goberno galego que “repoñan de inmediato as axudas para material escolar de nenos e nenas con necesidades educativas especiais” escolarizados en centros ordinarios, nunha moción rexeitada polo PP.

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, dixo que o goberno galego ten feito coa educación pública “unha chapuza digna de Mortadelo e Filemón”. Así o dixo no debate en Pleno dunha moción socialista para pedir a reposición das condicións laborais e profesionais escamoteadas por Feijóo aos profesionais da educación, as prazas de docentes eliminadas nos últimos anos e garantir os medios dun ensino de calidade para os alumnos e as alumnas, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista criticou a imposición da Lomce “cun calendario de implantación caótico e trapalleiro”, feito “de costas á comunidade educativa” para defender a toda cosa unha Lei “profundamente sectaria e de partido”. Explicou que a “incompetencia manifesta” por parte do goberno galego continúa coa publicación dos decretos de Primaria e da FP Básica “xusto un día antes do inicio das clases”.

Docasar continuou enumerando os despropósitos na educación pública co continuo deterioro das condicións de traballo dos profesionais do ensino, que viron cómo os seus salarios devaluábanse un 30 por cento en cinco anos, mentres as horas lectivas e o número de alumnos por aula aumentan.

Considerou ademais “entrañable” que, logo de eliminar milleiros de prazas de profesores, o goberno galego intente agora mellorar a súa imaxe pedíndolle por carta ao goberno galego que relaxe a taxa de reposición das prazas de mestres, situada nun 10 por cento, unha “auténtica barbaridade co aplauso entusiasta do PP galego”.

A situación, sinalou, foi respondida polos profesionais do ensino a través dun “éxodo masivo” cara á xubilación, con 1.030 abandonos en agosto de 2013 e unha cifra que “tamén será contundente en agosto de 2014”.

Abandono

Vicente Docasar censurou o “lamentable abandono” dos centros públicos por parte do goberno galego, poñendo como exemplo “o caso paradigmático do IES da Pobra do Caramiñal coñecido nos últimos días”, que sitúa “baixo mínimos” a reposición de material didáctico e as infraestruturas “pola pírrica partida orzamentaria adicada a eses capítulos nos orzamento da Xunta”.

O responsable socialista reclamou a reposición progresiva das condicións do profesorado e a posta en marcha unha serie de plans plurianuais para recuperar as condicións do ensino público perdidas nestes anos de crise económica, nos que a educación galega perdeu máis de 400 millóns de euros.

Así, reclama en primeiro lugar dous plans plurianuais de mellora das instalacións dos centros educativos obsoletas “por falta dun axeitado mantemento durante os últimos anos” e “para renovar os equipamentos didácticos dos centros educativos que foron quedando obsoletos durante o tempo da crise. Tamén reclama “equiparar o ancho de banda de acceso á Internet dos centros do medio rural cos centros do medio urbano”.

O deputado socialista esixía tamén, nesta mesma moción, que o goberno galego “garanta que todo o alumnado que cursa o ensino obrigatorio no sistema educativo galego conte con material escolar e libros de texto”. Finalmente, esíxelle ao goberno galego que “garanta que todos os nenos e nenas que cursan o ensino obrigatorio no sistema educativo galego e o necesiten dispoñan dunha praza de comedor escolar”.

Educación especial

Docasar rematou a súa intervención esixíndolle ao goberno galego que “arranxen de inmediato as axudas para material escolar dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais escolarizados en centros ordinarios” e “busquen a fórmula máis axeitada para ir repoñendo progresivamente as condicións laborais e profesionais arrebatadas aos profesionais da educación e aos centros durante a crise.

“Só así –dixo- os integrantes da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) entenderían que a recuperación económica chegou, chegou para quedarse e ten raíces vigorosas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar