A "xestión cero" da Xunta en emprego fixo que o paro aumentase o dobre que no resto do Estado

A "xestión cero" da Xunta en emprego fixo que o paro aumentase o dobre que no resto do Estado

A "xestión cero" da Xunta en emprego fixo que o paro aumentase o dobre que no resto do Estado

O portavoz de Emprego do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Tomé, criticou que a “xestión cero” da Xunta en materia de emprego provocou que o paro aumente o dobre en Galicia que no resto do Estado no último ano, co que hoxe hai 77.000 ocupados menos que cando Feijóo accedeu á presidencia da Xunta de Galicia.

Dixo que a pesares de que diminúe o paro e aumenta o número de ocupados con respecto ao trimestre anterior, hoxe hai en Galicia 18.000 parados mais que fai un ano e 57.000 parados máis dende que Feijóo é presidente da Xunta.

Explicou que a pesares de que o diferencial da taxa de paro entre Galicia e o resto do Estado sega sendo favorable a Galicia, este diminuíu dende os cinco puntos de hai dous anos a tan só un, descendendo catro puntos neste período.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar