A xerencia do CHUOU retira as historias clínicas en papel antes de telas dixitalizado

A xerencia do CHUOU retira as historias clínicas en papel antes de telas dixitalizado

A xerencia do CHUOU retira as historias clínicas en papel antes de telas dixitalizado

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe a paralización inmediata da retirada das historias clínicas en papel que se está desenvolvendo no Hospital de Ourense. Acuña presentou unha iniciativa parlamentaria na que solicita a paralización do proceso “ata completar a dixitalización de toda a información”.

A responsable socialista advirte que a decisión de retirar as historias clínicas en papel, toda vez que agora é posible almacenar a información en formato dixital, “debera agardar ata ter dixitalizado toda a información”. A “retirada precipitada ordenada pola Xerencia do CHUOU, lonxe de aproveitar unha mellora tecnolóxica para mellorar a calidade asistencial, está ocasionando mais dunha queixa e moitos problemas na atención sanitaria”.

Retirándolle a información ao persoal sanitario pola obsesión polo aforro económico, resulta “imposible que teñan unha visión completa e global da persoa doente”, toda vez que “non se conta nos ordenadores con todos os datos nin se poden comparar algunhas probas gráficas non dixitalizadas”, ademais das “moitas preocupacións laborais que provoca no persoal encargado do arquivo e custodia das historias en papel”.

Acuña reclámalle ademais ao goberno galego que “garanta que mentres non estean totalmente dixitalizados todos eses datos, os e as facultativas van seguir tendo acceso con toda normalidade á historia clínica en formato papel para poder prestar unha correcta atención aos e ás doentes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar