A web do candidato, Pachi Vázquez, nova ferramenta de participación para que os galegos sexan os mensaxeiros do cambio

A web do candidato, Pachi Vázquez, nova ferramenta de participación para que os galegos sexan os mensaxeiros do cambio

A web do candidato, Pachi Vázquez, nova ferramenta de participación para que os galegos sexan os mensaxeiros do cambio

A secretaria de Política Institucional e Participación do PSdeG-PSOE, Laura Seara, presentou hoxe a web do candidato, www.pachivazquez.com como “ferramenta de participación para que os galegos se convertan en mensaxeiros do cambio”. Seara deu paso a un vídeo de presentación de Pachi Vázquez dende Arxentina no que presentou a web dirixida a mobilizar aos galegos “dende a ilusión do cambio”.

Pachi Vázquez contrapuxo a mensaxe positiva de cambio defendida polos socialistas “porque un futuro distinto un futuro mellor é posible” fronte a un PP “que se dirixe ao electorado coa estratexia do medo”. Puntualizou que o cambio de rumbo que os galegos e galegas queren é posible o vindeiro 21 de outubro, e para conseguilo “Galicia precisa da súa implicación”.

O candidato socialista apelou á intervención dos galegos e galegas a través de internet “para que nos axuden cada día a subir a mais xente ao tren do progreso” e pediu a súa axuda para “espallar as nosas ideas e os nosos compromisos nas redes sociais” para converterse en “axentes activos do cambio”.

Pachi Vázquez dixo na súa mensaxe dende Arxentina que a web funcionará como “unha forma mais de romper as barreiras da distancia e de trasladar que o modelo de progreso que os socialistas queremos para Galicia non se limita á Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, senón que se estende ata calquera punto do mundo no que haxa un galego”.

Ser escoitados

Laura Seara explicou pola súa banda que a web insta á participación e colaboración dos galegos e galegas e o seu obxectivo é o de servir de plataforma “para que sexan escoitados”. Dixo que a web constitúe un “medio de interacción social” e unha “ferramenta mais do PSdeG ao servizo da cidadanía para achegar as propostas e ideas”.

Como exemplo, a intervención de Seara foi seguida por membros de Xuventudes Socialistas de Galicia, que subiron en tempo real ás redes a presentación da web que tivo lugar hoxe.

Seara chamou así á participación para que a xente “se active” e actúen como “axentes para un cambio de rumbo necesario” e instou á participación da sociedade tamén a través da rede porque, dixo, “sen esperanza non hai futuro” e, citando a Mick Jagger –cantante dos Rolling Stones- apuntou que “cada paso que unha xeración de mozos da nunca o desanda a historia”.

Seara explicou que a web achega á cidadanía a un candidato socialista que “mira aos ollos da xente, que sempre di a verdade a pesar de no ter escoitado case ningunha nestes anos por parte do PP, que fai o que di e que di o que pensa”.

Hashtags: #pachivazquezpuntocom
#galiciaquereepode

32641281A

Artigos relacionados

Pechar