A volta ao modelo de sanidade pública en Vigo é irrenunciable

A volta ao modelo de sanidade pública en Vigo é irrenunciable

A volta ao modelo de sanidade pública en Vigo é irrenunciable

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, instou hoxe ao presidente da Xunta a escoller o “camiño mais doado” para resolver o conflito do Hospital de Vigo e “volver ao modelo tradicional de sanidade pública”. Así o dixo na sesión de control do Parlamento, na que criticou a “irresponsabilidade” do presidente da Xunta na xestión da atención sanitaria de Vigo.

O portavoz socialista acusou ao presidente da Xunta de “fallar aos seus compromisos e impoñer a privatización a ultranza e ata onde sexa posible coa inestimable axuda dunha conselleira inflexible ás demandas sociais”. Instou a Feijóo a “reflexionar a ver si é necesario un modelo de xestión sanitaria en Vigo radicalmente distinto ao resto do país e, de acordo coa opinión maioritaria, de peor calidade e peores prestacións.

Méndez Romeu acusouno de “discriminar a Vigo” e enganar á súa cidadanía, logo de investir 1.500 millóns de euros nun Hospital que non aumentará “unha soa cama nova” e terá “menos prestacións, menos servizos e mais limitacións”. Lembrou que o compromiso orixinal de facer un hospital público con 1.300 camas ficou nun centro coa xestión privatizada para os próximos 20 anos e con tan só 800 camas.

Advertiu que finalmente os traballadores públicos veranse obrigados a negociar as condicións de traballo e asistenciais “porque o contrato inclúe un lucro empresarial que entrará en conflito coa dimensión clínica”.

O parlamentario socialista replicou ás críticas do presidente da Xunta contra os 200.000 vigueses e viguesas que se manifestaron “contra o espolio da súa saúde” na cidade e que, lembrou, reclaman “un hospital tan público como os demais, con laboratorio, con especialidades de referencia que eviten o seu traslado a Santiago e con igualdade de trato con outras cidades”.

Lembrou que, ademais de toda a cidadanía da área sanitaria, o clamor é “unánime, agás vostede” contra un proceso que, de acordo co Colexio Médico de Pontevedra, padece deficiencias construtivas, falla de planificación, improvisación e a ausencia dun Plan Funcional consensuado.

Engadiu que o Colexio Médico “eleva a súa voz cualificada contra a privatización da xestión, a perda de especialidades de referencia e a ubicación do laboratorio a 10 quilómetros do Hospital”.

Navalla de Occam

José Luis Méndez Romeu apelou ao principio da Navalla de Ockham, que determina que a teoría mais simple adoita ter mais probabilidades de ser a correcta, e sinalou que “é mais simple aceptar o erro da conselleira e de vostede que a conspiración de moitos contra un Hospital”.

Advertiu que “ninguén discute a necesidade do Hospital, pero foi vostede quen introduciu os demais elementos conflitivos, como o recorte de camas e especialidades ou a privatización da xestión.

Calumnia

Os socialistas galegos censuran as “difamacións e calumnias” vertidas de novo polo presidente da Xunta na sesión de control do Pleno do Parlamento de hoxe, cando responsabilizounos en falso de ter reclamado a evacuación de todo o Hospital de Vigo logo de coñecerse o caso de aspergillus.

O Grupo Socialista lembra que cando foi coñecido o caso dunha doente infectada co dito fungo, e sempre seguindo as reclamacións dos profesionais sanitarios, reclamou a evacuación inmediata dos pacientes inmunodeprimidos do Hospital para garantir a súa seguridade.

Réplica

O portavoz do Grupo Socialista negou hoxe unha “autorización expresa do goberno de España” para que Feijóo optara por un modelo privatizado de Hospital para Vigo. Logo da sesión de control ao presidente, o responsable socialista negou o “patético” intento do presidente da Xunta para responsabilizar a Zapatero dunha “decisión exclusivamente política de Feijóo que hoxe contestan nas rúas milleiros de profesionais e centos de milleiros de veciños”.

O responsable socialista lamentou o “lapsus” que tivo o presidente da Xunta para xustificar que Vigo tivera “o único hospital público entregado á xestión privada durante os próximos 20 anos”. Sinalou que “primeiro veu dicir que a obra fora autorizada polo goberno de Zapatero, logo rebaixou o ton e limitouno a un informe da intervención xeral do Estado e finalmente o asunto quedou nunha certa escuridade”.

Méndez Romeu explicou que o goberno central non pode ofrecer unha autorización expresa “porque non debe de existir no ámbito de competencias autonómicas”, e sinalou que “non estamos debatendo a legalidade da fórmula público – privada en réxime concesional” senón a opción escollida por Feijóo para que Vigo conte cun hospital xestionado por unha entidade privada durante 20 anos.

Logo da “fachendosa” alusión de Feijóo á súa experiencia en xestión hospitalaria, sinalou que “polo tanto debe estar obrigado a coñecer que tódalas experiencias de xestión pola iniciativa privada teñen fracasado” en España. Citou así a xestión do hospital de Alcira, os hospitais de Madrid ou as fundacións sanitarias de Galicia, que tiveron que ser rescatadas para evitar a súa quebra.

Sinalou que “hai experiencias abondo para saber que a xestión privada non resolve problemas, os complica e é tremendamente custosa”, sinalou que un hospital “non é unha autopista” e rematou sinalando que “Feijóo ou está errado ou intenta confundir”.

O responsable socialista cualificou ademais de “patético” que o presidente da Xunta “necesite argumentar en cada asunto que se debate no Parlamento as posicións que supostamente no seu momento tiveron Zapatero, Touriño ou Almunia para xustificar a súa propia inacción ou tapar a súa indecisión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar