A Valedora sinala eivas provocadas polo copago sanitario e a xestión de centros e no ensino público

A Valedora sinala eivas provocadas polo copago sanitario e a xestión de centros e no ensino público

A Valedora sinala eivas provocadas polo copago sanitario e a xestión de centros e no ensino público

O viceportavoz do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, advertiu que a Xunta segue sen responder da alarma posta en marcha dende a Oficina do Valedor do Pobo diante da xestión dos servizos públicos de sanidade e educación. Así o dixo na presentación do informe anual correspondente ao ano 2015 por parte da valedora, hoxe en Comisión parlamentaria.

O responsable socialista sinalou que o último informe continúa sinalando á falla de transparencia nas listas de espera da sanidade. Tamén advirte, dixo, do desamparo provocado polo copago farmacéutico nos colectivos máis desfavorecidos, ou da deficiente xestión de centros e servizos sanitarios, a mellora de espazos físicos e a dotación de recursos materiais.

En materia de ensino, a valedora recolle a preocupación xurdida polas eivas no servizo de comedores escolares, con deficiencias na prestación do cátering en centros espallados por toda Galicia derivado da privatización do servizo. O informe tamén recolle as eivas na planificación, posta en funcionamento e o estado dos centros educativos e sinala que hai 836 alumnos en toda Galicia que non obtiveron praza no seu centro escollido.

Emilio Vázquez sinala que as queixas relacionadas coas axudas por exclusión social ocupan o groso das reclamacións presentadas diante da Oficina, e “requiren dunha inmediata solución”. Ademais, Galicia continúa encabezando a lista de espera da Dependencia e ten a menor ratio de prestacións por persoa.

Ademais, o Valedor pon o acento desta volta sobre os problemas provocados polas deficiencias e atrasos nas vivendas de protección oficial, así como nas axudas para a adquisición de vivendas. Este ano, engade, as queixas polos procesos de desafiuzamentos aumentaron un 35 por cento con respecto a 2014, o que “desminte o discurso habitual do Goberno galego, quje actúa como se estivéramos en Alicia no País das Marabillas”.

Compracencia

O responsable socialista alertou dunha “crecente compracencia” nas conclusións do informe do Valedor do Pobo cara á actuación da administración autonómica, ata o punto de consideralo “o informe máis compracente dos últimos anos”. Advertiu que “non é que o informe teña que ser crítico porque si”, pero sinalou que “dáse por bo o compromiso do goberno á recomendación da institución, sen avaliar posteriormente a súa aplicación”.

Sen embargo si que saudou a iniciativa do alto comisionado de levar a institución á cidadanía cunha campaña de presentación no territorio, que supuxo un incremento nun 52 por cento nas actuacións de atención con relación ao ano anterior, concentradas a maior parte na segunda parte do ano.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar