A VAC Tui - A Guarda non é unha obra prioritaria para o Goberno

A VAC Tui – A Guarda non é unha obra prioritaria para o Goberno

O responsable da área de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe a decisión do Goberno central de retirar 3,6 millóns de euros dos orzamentos destinados á VAC Tui – A Guarda para destinalos ao desdobramento do Corredor do Morrazo, xunto con outros 4,3 millóns de euros detraídos das partidas de Seguridade Viaria.

O deputado socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas do Parlamento na que acusou ao goberno galego de “demostrar cos feitos que a Vía de Alta Capacidade Tui – A Guarda non é unha obra prioritaria”. Dixo que malia os anuncios do goberno galego de incrementar as partidas para esta obra, comprometida dende 2012, a realidade é que a están pospoñendo “fronte ao desdobramento do Morrazo”.

Sánchez Bugallo subliñou que “non temos nada que obxectar ao incremento do orzamento para o desdobramento do Corredor de O Morrazo”, e lembrou neste sentido que “soubemos sempre que tiña un orzamento insuficiente, por iso pedimos o seu incremento no debate dos Orzamentos”. Lamentablemente a proposta foi rexeitada polo PP, que agora ten que retirar os orzamentos destinados á VAC Tui – A Guarda.

Criticou que o Goberno galego poña “no papel e nas declaracións” que a Vía de Alta Capacidade é prioritaria, o que desminten “os feitos e as actuacións da Xunta”, xa que agora, catro anos despois de que fora anunciada polo ex conselleiro Agustín Hernández, “a fase 1 da obra está bloqueada, parada e sen financiamento”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar