A Universidade galega, á vangarda nos recortes de profesorado

A Universidade galega, á vangarda nos recortes de profesorado

A Universidade galega, á vangarda nos recortes de profesorado

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao PP de situar ao Sistema Universitario Galego “á vangarda na perda de profesorado”. Así o dixo no debate dunha moción do PSdeG dirixida a recuperar o persoal docente e investigador e garantir o relevo xeracional que foi vetada polo PP.

A deputada socialista advertiu que, de acordo coa Conferencia de Reitores, as universidades galegas perderon entre 2011 e 2014 un 7,5 por cento o seu persoal docente, 400 profesores menos, fronte ao descenso do 5,7 por cento da media estatal. Ao mesmo tempo, dixo, entre 2010 e 2016 as universidades galegas perderon un 15 por cento dos seus ingresos, catro puntos máis que a media do Estado, do 11 por cento.

Burgo acusou ao PP de “apostar polo que sempre apostaron, por un modelo económico baseado nos salarios baixos, en persoal pouco cualificado e non nun modelo baseado na innovación e o I+D”. Por iso, dixo, permiten que as universidades paguen 200 euros por profesor e teñan que cubrir as baixas dende as áreas afíns, algo “inaceptable” para a calidade do ensino, e controlan os novos contratos dende a Consellería de Facenda.

A deputada socialista remitiu ás continuas queixas emitidas dende tódolos sectores da universidade, tanto dende o alumnado como dos propios reitores, diante da dificultade e os problemas que está a provocar a caída de profesorado, que sitúa a determinadas facultades ás portas dunha situación “dramática”. Esta é a consecuencia dun retroceso, dixo, de once anos do ensino universitario, cos ingresos e profesorado a nivel de 2005.

Proposta

Concepción Burgo propuxo abrir “unha mínima posibilidade para que as universidades galegas poidan manter un alto nivel” a través dunha estratexia de consenso a curto e medio prazo para afrontar o relevo xeracional de persoal docente e investigador e administrativo a través dun plan especial de recuperación de cadros.

Propuxo tamén comezar con plans específicos de a lo menos 5 anos que afronte as necesidades de profesorado, así como habilitar crédito ad hoc para a contratación de persoal fora do plan de financiamento e respectar e garantir a autonomía universitaria de acordo coa legalidade vixente.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar