A única idea de Feijóo para crear traballo é reducir salarios

A única idea de Feijóo para crear traballo é reducir salarios

A única idea de Feijóo para crear traballo é reducir salarios

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, presentou hoxe unha Interpelación na que reclama á Xunta que clarifique no Parlamento si defende a redución de xornada e salario como medida para xerar emprego, tal e como anunciou recentemente o presidente da Xunta en declaracións aos medios.

Caride reclama á Xunta que explique si considera que as familias galegas “perciben unha remuneración tan alta que é posible manter o seu nivel de benestar con menos salario”, xa que considera que o seu presidente “ten esquecido a situación real dos salarios en Galicia”.

Neste senso lle recorda o goberno galego que o custe salarial por traballador e mes é en Galicia de 1.553,6 €, polo tanto 266 € menor que a media nacional e preto de 500 € menor que o custe salarial en Madrid, Pais Vasco ou Cataluña.

Sinala ademais que esta proposta “recorda a tempos pasados nos que Galicia buscaba atraer investimentos e xerar emprego anunciando salarios baixos”. Con estas declaracións o Presidente condena os galegos e galegas a salarios precarios e baixa cualificación en lugar de definir unha política económica que nos permita competir no mercado global con capacidade, innovación e xeración de valor engadido.

A responsable socialista reclama ao goberno galego que explique si esta medida “reposta á axenda oculta que o PP non quere desvelar ata pasadas as eleccións xerais” por temor a un castigo electoral.

Así mesmo, solicita á Xunta que aclare si na súa opinión este anuncio “xera confianza e da tranquilidade aos mercados” xa que se alguén lle fixera caso a unha ocorrencia de tal gravidade, a demanda interna contraeríase aínda mais polo temor a unha brusca caída nos ingresos das familias.  

Prioridade emprego

Sinala que a pesares do compromiso do presidente da Xunta, en plena campaña electoral, que tería como prioridade o emprego e a solución da crise, logo de dous anos e medio de goberno “temos constatado que non existe ningún galego ou galega que viva mellor hoxe que antes da chegada deste Goberno, Galicia lidera as taxas de destrución de emprego e mes a mes perdemos converxencia con España”.

Este anuncio, engade, “é ademais unha declaración de intencións que anticipa un brutal recorte de dereitos dos traballadores se o PP chega a Moncloa, pero ademais evidencia que a Xunta non ten iniciativas nin proxectos para reactivar a economía, e evidencia a hexemonía que para este partido liberal conservador ten o mercado fronte os cidadáns”.

Lembra tamén a “sorpresa” que xerou o presidente da Xunta cando, a pesares dos compromisos e anuncios, afirmaba que carecía de competencias en materia de emprego “amosando a súa falla de ideas e proxecto para reactivar a economía e o emprego”, e que culminou a pasada semana ao afirmar “sen ningún tipo de escrúpulo”, que a súa proposta para crear emprego era “traballar menos e cobrar menos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar