A TVG agocha os casos de corrupción que implican ao PP

A TVG agocha os casos de corrupción que implican ao PP

A TVG agocha os casos de corrupción que implican ao PP

Os socialistas galegos denunciaron hoxe de novo no Parlamento a “manipulación partidista” dos servizos informativos da Televisión de Galicia, “agochando os casos de corrupción nos que está implicado o Partido Popular”.

A deputada socialista Carmen Acuña lamentou que “Tele Feijóo” non informase no mes de xaneiro das peticións do PSdeG e do resto dos grupos da oposición “nas que demandábamos ao Partido Popular un pleno extraordinario para falar da Operación Zeta”.

“O 22 de xaneiro, José Luis Méndez Romeu solicitou este pleno e nos informativos da TVG decidiron poñer unhas declaracións de Besteiro, respondendo a unha pregunta sobre a cea entre Pablo Iglesias, Bono e Zapatero”, aseverou. “Por suposto, non se falou nada das relacións entre o presidente da Xunta e o conseguidor da trama, Pachi Lucas”, engadiu.

“Tamén vimos como no caso do financiamento irregular do PP de Ourense, a televisión pública optou por unhas manifestacións de José Manuel Baltar denunciando a actidade do ex xerente do seu partido, que foi quen revelou á xuíza as irregularidades”, apuntou Acuña.

Na súa resposta, o director xeral da TVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, negou calquera tipo de manipulación nos servizos informativos e defendeu a imparcialidade da televisión pública, responsabilizando aos xornalistas da elección das novas.

“Non dí a verdade e o sabe, a manipulación dos medios públicos por parte dos seus directivos non é máis que outro tipo de corrupción, prefiren facer referencia a Carlos Príncipe que á Operación Pokemon, Zeta e o financiamento irregular do PP”, rematou a deputada socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar