A supresión do envío de papeletas electorais polos partidos políticos permitiría aforrar 1,7 millóns de euros

A supresión do envío de papeletas electorais polos partidos políticos permitiría aforrar 1,7 millóns de euros

A supresión do envío de papeletas electorais polos partidos políticos permitiría aforrar 1,7 millóns de euros

O portavoz socialista na Comisión do Consello de Contas, Juan Carlos González Santín, propuxo hoxe suprimir a subvención do envío a domicilio e reparto en man de papeletas electorais por parte dos partidos políticos. Así o dixo na presentación, na Comisión do Consello de Contas, do informe de fiscalización da contabilidade electoral nos comicios de 2012.

O responsable socialista explicou que esta medida suporía un aforro estimado de 1,7 millóns de euros en cada convocatoria electoral que perciben os partidos políticos a razón de 0,16 céntimos por cada elector. González Santín considera “un atraso” esta práctica que supón “levar á xente a votar” xa entrado o século XXI, cando “todo o mundo sabe coller a papeleta no colexio electoral”.

O parlamentario socialista reclamou ademais, durante a súa intervención, que o Consello de Contas fiscalice as contas das institucións en períodos electorais para detectar as “prácticas antidemocráticas de propaganda electoral encuberta”. Salientou que o órgano fiscalizador debe investigar a “sospeitosa camuflaxe de campañas publicitarias en torno ás datas electorais”.

Sinalou deste xeito que mentres os partidos se manteñen baixo o límite do 20 por cento dos gastos en prensa e radio, “non se verifican as campañas electorais financiadas polas institucións amigas”. Explicou que a forma de verificar estas practicas “é tan sinxela como comparar o gasto en publicidade nos meses mais achegados á campaña electoral co ano anterior”.

González Santín recuperou esta proposta realizada polos socialistas galegos en sede parlamentaria e que foi sistematicamente rexeitada polo PP, e amosou a súa “sorpresa” diante da negativa do grupo maioritario, que “só se explica si teñen algo que agochar”.

Logo da comparecencia do conselleiro maior do Consello de Contas felicitou á institución pola presentación do informe que fiscaliza as contabilidades electorais dos partidos políticos que, salientou, presentaron as contas en regra e confirmaron que cumpriron os seus obxectivos financeiros.

Fiscalización

O parlamentario socialista Vicente Docasar acusou a Feijóo de maquillar as contas da Xunta para agochar o déficit artificialmente. Así o dixo na Comisión do Consello de Contas que analizou hoxe o informe do Consello de Contas correspondente a 2010, no que a Xunta desprazou 411 millóns de euros para ascender dende o posto 11 ao 5 de cumprimento de déficit polas comunidades autónomas.

O deputado socialista criticou esta “maquillaxe” das contas da Xunta “desprazando déficit de un ano para o outro” co obxectivo de ofrecer “apariencia de cumprir co déficit establecido” para o exercicio. Explicou que, de acordo coas contas reais, en lugar do déficit do 2,4 % anunciado por Feijóo, a cifra real era do 3,1 por cento.

Docasar salientou o traballo do ente fiscalizador, que puido reflectir estas actuacións malia a información escamoteada polo goberno de Feijóo, que non ofreceu información detallada sobre as operacións de gasto, sobre a antigüidade dos debedores pendentes de cobro ou as desviacións de financiamento acumuladas.

Subliñou ademais que a información sobre gastos fiscais non permite coñecer o custe real dos beneficios sobre doazóns e sucesións e, ademais, a liquidación “non inclúe modificacións sobre as previsións iniciais de ingresos”.

Financiamento público – privado

Puntualizou ademais que o informe sinala ao uso do modelo de financiamento público – privado por parte do goberno galego para “agochar unha débeda que existe nas contas pero non se transparenta”.

O abuso destas fórmulas de financiamento extra orzamentarias, dixo, aplicadas mesmo ao financiamento de infraestruturas sanitarias evidencia que “un goberno que está a falar constantemente da herdanza recibida hipoteca coa débeda e coas colaboracións público – privadas sen control o futuro dos galegos e das galegas, reducindo ao estremo a marxe de manobra dos futuros gobernos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar