A subida do IRPF afecta a case 900.000 contribuíntes galegos

A subida do IRPF afecta a case 900.000 contribuíntes galegos

A subida do IRPF afecta a case 900.000 contribuíntes galegos

Case o 60% dos galegos afectados pola subida son os contribuíntes con rendas inferiores aos 20.000 euros

Laura Seara destaca: “Esta medida, como todas as que adopta o Goberno de Rajoy, afecta sobre todo ás persoas con menos ingresos”

O Goberno recoñece, nunha resposta parlamentaria á deputada socialista ourensá Laura Seara, que 873.886 contribuíntes veranse afectados en Galicia polo gravame complementario de IRPF establecido polo Real Decreto-Lei 20/2011do Goberno de 30 de decembro de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit púbico.

O Goberno recadará así dos contribuíntes galegos 253,6 millóns de euros máis de IRPF que en exercicios anteriores, o que supón que cada contribuínte pagará unha subida media de algo máis de 290 euros.

A deputada ourensá Laura Seara destaca que, segundo se recolle na resposta do Goberno, “os contribuíntes con menor renda e con rendas medias son os máis afectados pola subida de IRPF do Goberno de Rajoy”. Así, dos 873.886 contribuíntes en Galicia que pagarán máis IRPF, 522.702 son aqueles cuxa base liquidable atópase por baixo dos 20.000 euros, o que supón case un 60%.

Con todo, apunta que, segundo ascende a escala de tramos liquidables, a subida de IRPF afecta a un menor número de contribuíntes. Así, do total de contribuíntes que pagarán máis IRPF tan só 1.794 son o que teñen unha base liquidable por encima dos 200.000 euros, o que supón só un 0,2% do total.

“Esta medida, como todas as que adopta o PP e o Goberno de Rajoy -incide a deputada socialista- afecta sobre todo ás persoas con menos ingresos”.

Neste sentido, Seara lembra ademais que, segundo outra resposta parlamentaria do Goberno á propia deputada, esta subida de IRPF afecta en Galicia a máis de 51.000 pensionistas, o que supón que do total de contribuíntes en Galicia que pagarán máis IRPF case un 6% son pensionistas.

“Os pensionistas ven un día si e outro tamén como o Goberno aproba medidas que minguan gravemente a súa poder adquisitivo con maiores impostos, pago por medicamentos, próteses e transporte sanitario, e diminución nas axudas por dependencia”, recalca Seara.

“O resto de cidadáns -engade- vai como resulta máis prexudicado canto menor é o seu nivel de ingresos e poder adquisitivo”.

“Os ataques do Goberno do PP e de Rajoy ao estado do benestar non cesan” “lamenta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar