A suba salarial a Feijóo e altos cargos, nin economicamente intelixente nin socialmente aceptable"

A suba salarial a Feijóo e altos cargos, nin economicamente intelixente nin socialmente aceptable"

A suba salarial a Feijóo e altos cargos, nin economicamente intelixente nin socialmente aceptable”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe a suba unilateral dos salarios dos altos cargos da Xunta nun 70 por cento, que no caso do presidente ascende ata o 7,5 por cento. Nun balance dos Orzamentos da Xunta presentados esta fin de semana, criticou que a decisión de Feijóo “non é economicamente intelixente nin socialmente aceptable”.

O responsable socialista compareceu xunto cos portavoces de Orzamentos e economía, Abel Losada e Begoña Rodríguez para anunciar emendas aos orzamentos que rectifiquen unha decisión que “máis semella un premio polo resultado electoral”. A decisión de Feijóo contradí frontalmente as mensaxes do goberno galego e da patronal, que predican “moderación salarial” na negociación colectiva e cando as cifras de paro son “moi elevadas”.

Considera que Feijóo “da mal exemplo” e relaciona este incremento coa recuperación salarial dos funcionarios, agochando que “nin eles son funcionarios –son altos cargos- nin os funcionarios recuperan o salario que lles foi detraído”. Sinala que non recuperarán o seu poder adquisitivo, nin as extras nin os trienios íntegros, e para 2017 non está prevista unha suba específica, que no mellor dos casos será do 3 por cento nos corpos básicos.

Fernández Leiceaga dixo que os orzamentos “non están á altura do que a recuperación económica demanda e posibilita”, evidenciando que son “propaganda sen nada detrás”, que renuncian a impulsar a recuperación económica, a creación de emprego e a restauración dos servizos públicos. Uns orzamentos en definitiva “de continuidade, que renuncian a introducir nova enerxía na actuación do goberno agás pequenos retoques para seguir ao tran – tran”.

Explica que de continuar coa recuperación económica prevista, cun crecemento do 3 por cento do PIB, sería posible “un cambio de política que non percibimos” cunhas contas presentadas de forma precipitada, antes de coñecer o teito de gasto, e renunciando aos 60 millóns adicionais polo incremento do déficit permitido logo da negociación cos socialistas.

En suma, uns orzamentos “precipitados e débiles dende o punto de vista técnico e de coherencia interna”. A precipitación do goberno provoca que “non dean unha imaxe fiel das políticas da Xunta para 2017 ao estar baseados sobre datos irreais, e resultan ademais “escasamente ambiciosos” e renuncian a utilizar os instrumentos de impulso económico ao dispor do goberno galego.

Apunta que a Xunta presenta uns orzamentos “para non executarse”, xa que mentres “presume” do aumento dos fondos de emprego ou do Igape agocha que o problema é a falla de execución destes fondos ou que os cursos de formación de 2016 aínda non foron convocados a piques de rematar o ano.

Lamentou ademais a “escasa ambición” do goberno galego nas partidas destinadas á política social, que combina un “pequeno axuste” de 800 persoas beneficiarias da Risga coa redución de 2 millóns de euros nas pensións non contributivas. O goberno galego fía ademais as previsións económicas ao comportamento das exportacións, e a un suposto aumento no gasto das familias, dous factores que introducen “demasiada incertidume”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar