A suba do paro en Galicia duplica á do Estado

A suba do paro en Galicia duplica á do Estado

A suba do paro en Galicia duplica á do Estado

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, advertiu que os datos de paro rexistrado do mes de outubro “dan a medida do fracaso das políticas de emprego de Feijóo e dun goberno lesivo para Galicia”. Así o dixo logo de comprobar que o paro medrou en Galicia o 2,37 por cento, o dobre que no resto do Estado.

Ademais, sinalou a caída dos contratos rexistrados, 7.514 menos que o mes anterior, cunha taxa de temporalidade “inasumible”, xa que o 92,3 por cento dos contratos rexistrados, 79.636 dun total de 86.274, foron de carácter temporal. Sinalou que “o panorama remata cunha desoladora redución das prestacións por desemprego, precisamente cando medra o paro”.

Concluíu que “os datos corroboran que as receitas milagreiras do goberno de Feijóo son un fracaso e só provocan paro, emprego precario e diminución da cobertura por desemprego”, polo que esixiu “medidas eficaces baseadas no diálogo” co obxectivo de recuperar a actividade económica en base ao emprego de calidade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar