A suba do IVE provoca un dano irreparable no sector da cultura

A suba do IVE provoca un dano irreparable no sector da cultura

A suba do IVE provoca un dano irreparable no sector da cultura

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, acusou hoxe ao PP de provocar “un dano irreparable” no sector cultural ao impoñer unha suba de 13 puntos no IVE, dende o 8 ao 12 por cento e reducir o orzamento nun 56 por cento en Galicia. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedir a aplicación do IVE superreducido nas actividades culturais, que foi rexeitada polo PP.

O deputado socialista considera “nefasta” a decisión do PP de “castigar” ao sector cultural demostrando que “a cultura ocupa a última das súas prioridades, como demostra que impoñan en España o IVE máis alto de toda a UE, equiparándoo con artigos de luxo, mentres Rajoy anuncia a rebaixa de outros impostos.

Dixo que coa intención de aumentar a recadación, o PP ten provocado a crise do sector, cun descenso de espectadores de cine e teatro do 30 por cento en 2013, provocando polo tanto o efecto contrario ao reducir a recadación un 22 por cento e reducindo o número de concertos celebrados en todo o Estado tamén nun 22 por cento.

As consecuencias desta política pasan pola destrución de compañías teatrais galegas, descenso da edición de libros en galego, redución do número de bibliotecas e paulatina desaparición do sector audiovisual e das actuacións musicais nesta Comunidade Autónoma.

Os socialistas reclamaron hoxe pedirlle ao Goberno do Estado que defenda a harmonización dos tipos de IVE para actividades culturais na UE por debaixo do 10 por cento garantindo a autorización para rebaixalo ao tipo superreducido do 4 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar