A suba das taxas sanitarias pola Xunta é cruel cos doentes

A suba das taxas sanitarias pola Xunta é cruel cos doentes

A suba das taxas sanitarias pola Xunta é cruel cos doentes

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou a “crueldade contra os enfermos” amosada pola Xunta coa nova norma de taxas polo uso da sanidade, que incrementa o seu custe un 2,5 por cento. Dixo que o pago polo “uso irresponsable” da sanidade é “un eufemismo que agocha un sistema de cobro inxusto e arbitrario”.

A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas nas que advirte que a “temeraria estratexia de disuasión contra o uso dos servizos públicos” por parte do Goberno de Feijóo provoca un “serio risco para a saúde pública”. Considérao “fondamente cruel e inxusto” por canto “xogan coa saúde dos doentes para que renuncien a unha atención necesaria por medo ao cobro”.

Sinala ademais que a suba das taxas por parte do Goberno galego “condena a milleiros de galegos e galegas humildes a quedarse fora do sistema público de saúde”. Sinalou que, “á vista dos prezos, semella que moitos galegos e galegas simplemente non poderán asumir o custe da ser atendidos polas súas doenzas”.

Acuña considera “fondamente inxusto” que a Xunta teña decidida unha “suba de taxas sanitarias sen motivo aparente” xa que “non se axusta ao IPC e moito menos á época de crise que padecemos, salvo para impoñer un servizo peor e mais caro”. Reclamoulle ao goberno galego que explique no Parlamento unha suba dos prezos coincidindo coa redución dos orzamentos e de recursos humanos para a sanidade.

Sinala que, con esta orde, a Xunta recupera a ameaza de poñer prezo á carteira de servizos sanitarios, unha iniciativa paralizada pola convocatoria electoral. Lembra que o Goberno do volve poñer enriba da mesa a diferenza entre servizos básicos, accesorios e complementarios para “facer que todo o que non sexa básico sexa obxecto de cobro”.

A parlamentaria socialista lembra que, con estas novas tarifas, un transporte sanitario de 100 quilómetros para unha consulta calquera –por exemplo entre O Barco e o Hospital de referencia en Ourense, pode acadar un custe de 1.500 euros “inasumibles para unha economía particular”. Explicou que este é o resultado dos 0,69 euros por quilómetro mailo pago de 20 euros por hora de espera.

Carmen Acuña considera “moi útil” coñecer que unha mamografía custa 120 euros, ou as sesións de rehabilitación básica durante un mes ascenden a 320 euros, porque, dixo, “a ver quén pode pagalos”.

Uso irresponsable

A parlamentaria socialista considera que o pago polo “uso irresponsable” da sanidade pública é en realidade “un eufemismo” que “abre a porta a un modelo de cobro pola atención sanitaria inxusto e arbitrario”. Advirte que este modelo “anticipa o que ten tódalas trazas de constituírse nun abuso por parte da administración contra os sectores mais vulnerables da sociedade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar