A solicitude de comparecencia de Feijóo para dar conta das reunións con Dorribo presentaráse na Xunta de Portavoces

A solicitude de comparecencia de Feijóo para dar conta das reunións con Dorribo presentaráse na Xunta de Portavoces

A solicitude de comparecencia de Feijóo para dar conta das reunións con Dorribo presentaráse na Xunta de Portavoces

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, presentarán na próxima Xunta de Portavoces da Cámara autonómica a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta para dar conta das súas reunións co empresario Jorge Dorribo, procesado na Operación Campeón, e a seguinte concesión de 4 millóns de euros en axudas presuntamente irregulares.

O responsable socialista reclama ao presidente da Xunta que dea conta en sede parlamentaria da implicación do parlamentario do PP Pablo Cobián como mediador dese encontro, tal e como Feijóo xa admitiu publicamente. Lembrou que logo de aquela xuntanza, en outubro de 2010, o empresario lugués continuou a rolda de entrevistas con diversos conselleiros para recibir as axudas polas que o Igape foi intervido.

Losada sinala que Feijóo debe explicar “por qué non deu a coñecer a súa reunión con Dorribo cando saltou a Operación Campión” e si lle entregou o resultado destes contactos á xuíz competente no caso.

Acusouno de desenvolver un “exercicio de escapismo parlamentario” ao rexeitar as solicitudes de comparecencia do conselleiro de Economía e Industria pola situación do Igape e non subministrar a información solicitada polo Grupo Socialista dende o mes de maio.

Engadiu que “mentres predica transparencia a realidade é que o presidente da Xunta agocha o que sabe”, polo que reclamou as actas dos encontros co empresario lugués para “despexar calquera tipo de dúbida sobre a súa xestión”. Os socialista galegos tamén reclamaron a comparecencia dos conselleiros de Economía e Industria, Facenda, Sanidade e Infraestruturas para que dean conta da súa implicación no caso.

Dixo que a realidade da Operación Campión é que un deputado do PP, Pablo Cobián, actuou como intermediario entre os intereses de Dorribo e a Xunta, polo que ten pedido o suplicatorio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e hai 6 altos cargos imputados, deixando ao Igape “descabezado e a medio gas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar