"A soberbia dos gobernos do PP estalles pasando factura"

"A soberbia dos gobernos do PP estalles pasando factura"

“A soberbia dos gobernos do PP estalles pasando factura”

Méndez Romeu lembra o rolo parlamentario do PP, que onte aprobou os orzamentos sen ningunha emenda da oposición e recomenda “máis humildade como consecuencia dos resultados”

Acusa a Feijóo de “introducir insectos nos menús escolares pola porta de atrás” externalizando o servizo e empeorando a calidade

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, díxolle hoxe ao PP que “a soberbia dos seus gobernos autoritarios estalles pasando factura” nas dificultades para conformar goberno. Así llelo sinalou na sesión de control ao Parlamento, na que Feijóo lamentou os aparentes problemas de Rajoy para acadar apoios no Congreso.

O responsable socialista sinalou que a “vitoria pírrica” do PP concédelles a “responsabilidade, como maioría minoritaria, de formar goberno” logo de derrubar tódalas pontes “sementando autoritarismo”. Sinalou directamente á actitude do PP no debate de Orzamentos “onde rexeitaron 600 veces outros tantos problemas reais do país”, logo de que rexeitaran as 600 emendas socialistas.

“Nin escoitar nin integrar”, así cualificou a estratexia dun PP no trámite de Orzamentos cando “debera ter máis humildade como consecuencia dos resultados e aceptar que hai certo grao de emenda das políticas que estiveron levando”. Concluíu que “se queren falar van ter que empezar a facer modificacións de fondo nas políticas sociais, se non vai ser moi difícil que poidan levar adiante a gobernación do país”.

Méndez Romeu acusou ao PP de “renunciar anticipadamente” á súa responsabilidade de acadar a gobernación do país logo de que Feijóo tentara de “suxerirnos que entreguemos gratis a gobernación porque non son quen de acadar acordos”. O líder socialista mesmo chegou a citar o “exercicio de diálogo sorprendente” de Aznar, que á súa chegada ao goberno “chegou a acordos cos grupos nacionalistas”.

Insectos no menú

Na súa intervención, o portavoz socialista acusou ao PP de “introducir insectos nos menús escolares pola porta de atrás, deixando que aparezan con frecuencia” pola mala calidade do servizo externalizado polo PP. Así o dixo logo de lembrar ironicamente os menús da “alta cociña francesa” a base de insectos, que resultan “extremadamente caros, moi elitistas e nada populares”.

Lembrou que dende que hai un mes os socialistas lle preguntaran a Feijóo pola situación servizos de cátering nas escolas galegas, teñen xurdido novos casos de comida en mal estado, e citou Ribeira, Boiro ou Abanqueiro, con “máis casos e máis queixas”. Esta é a conclusión de rebaixar o prezo a 3 euros por menú “incluíndo o custe do persoal e o beneficio industrial” e dun servizo público entendido “de xeito mercantilista”.

Para o PP, explicou, “rexe o prezo dos contratos e non a calidade do servizo”, tanto para os menús escolares como para o resto dos servizos públicos. Citou así á Cidade da Cultura, o “buque insignia da súa irrelevante política cultural”, coa súa xestión externalizada “non para que a leve unha empresa galega ou do sector cultural, senón unha empresa de desratización de Málaga e que despida a 12 traballadores”.

Na sanidade galega, dixo, as consecuencias dos recortes provocan que unha fractura de cadeira supoña unha inmobilización de 15 días “porque non hai persoas para operar”. O portavoz socialista continuou testando a situación dos servizos públicos galegos sinalando as demandas de axuda no fogar, transporte adaptado e centros de día por parte da poboación.

Servizos públicos

Acusou ao PP de retirar o financiamento da axuda ao fogar que se presta nos concellos, a limitación das horas de transporte “para que a xente non asista”, os retrasos de 6 meses na tramitación da Risga ou a imposición de “taxas disuasorias” nas residencias. Advertiu que “hai prazas libres porque a xente retira ás persoas maiores das residencias que non poden pagar”, con incrementos do 30 por cento con casos de ata o 400 po cento.

Denunciou finalmente que “inventaran a nova categoría social dos que teñen dereito á Dependencia pero non reciben prestación, agora hai dereitos pero non se poden exercer: iso chámase maquillaxe estatística”, resumiu.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar