A sentenza contra Baltar deslexitima o goberno da Deputación de Ourense

A sentenza contra Baltar deslexitima o goberno da Deputación de Ourense

A sentenza contra Baltar deslexitima o goberno da Deputación de Ourense

O Secretario Provincial do PSdeG de Ourense, Raúl Fernández, advertiu hoxe que a sentenza condenatoria contra Baltar por prevaricación “deslexitima o goberno da Deputación herdado dun prevaricador”. Lembra que a sentenza deriva dunha denuncia presentada pola dirección Provincial dos socialistas ourensáns pola utilización fraudulenta dos recursos da Deputación para garantir a vitoria dos Baltar no Congreso do PP de 2010.

Raúl Fernández apunta que os socialistas “fomos os únicos que destinamos recursos propios e fomos quén de dar un paso á fronte para poñer en evidencia as prácticas caciquís e ilegais de Baltar en Ourense”. Foi logo do Congreso do PP de 2010 cando os socialistas de Ourense, encabezados polo seu secretario provincial Raúl Fernández, decidiron poñer a denuncia que hoxe rematou coa inhabilitación de José Luis Baltar por prevaricación.

O Secretario Provincial apunta que a sentenza, condenando ao ex presidente da Deputación a 9 anos de inhabilitación, evidencia que o actual goberno é “politicamente ilexítimo” e “consideramos que podería ser nulo de pleno dereito”. Así o apunta logo de lembrar que a presidencia foi “dada en herdanza ao fillo dun prevaricador utilizando irregularmente os fondos públicos da propia deputación”.

En calquera caso, engade, a sentenza pon “negro sobre branco” cal é a “forma de facer política do PP e de Alberto Núñez Feijóo, que ten evidenciado a súa complicidade e apoio expreso ao cacique e ao seu herdeiro. Lembra que o propio presidente do PP e da Xunta de Galicia sinalou, na homenaxe ao ex presidente da Deputación condenado, que “sen el non tería acadado o apoio maioritario dos cidadáns galegos”.

Reclamou a comparecencia pública do presidente da Xunta para “dar explicacións sobre as actuacións do seu partido na provincia de Ourense, que co único obxectivo de perpetuar a liñaxe dos Baltar no ente provincial tan só supuxo a perda da calidade de vida dos cidadáns e da calidade democrática das institucións”.

A única resposta de Feijóo, lembra, foi garantirlle ao sucesor de Baltar a vicepresidencia do Parlamento primeiro e a presidencia da Deputación a continuación. Acusou ao presidente da Xunta de “amparar e defender ao cacique para beneficiarse dos seus votos acadados de maneira ilegal”.

Apunta que a xestión “caciquil” de Baltar na Deputación con relación á contratación de persoal e das obras encetadas resulta “sobradamente coñecida”. Durante 22 anos, dixo, actuou “con total impunidade” chegando a utilizar os recursos públicos para garantirlle a presidencia provincial do partido ao seu fillo e a posterior sucesión á fronte do ente provincial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar