A Sectorial de Educación analiza o "panorama desolador" que afronta o ensino público polas políticas do Goberno de Feijóo

A Sectorial de Educación analiza o "panorama desolador" que afronta o ensino público polas políticas do Goberno de Feijóo

A Sectorial de Educación analiza o "panorama desolador" que afronta o ensino público polas políticas do Goberno de Feijóo

A Sectorial de Educación dos socialistas galegos mantivo unnha xuntanza na que se analizou con especial preocupación as actuacións da Consellería de Educación, que conforman un “panorama desolador” no que atinxe ao ensino público.

Guillermo Meijón, portavoz de Educación e Secretario de Educación da Comisión Executiva de Galicia, remarcou que o obxectivo último das políticas de Feijóo e Jesús Vázquez en materia educativa non son distintas das que sen están a realizar na Sanidade Pública e que supoñen unha “voladura controlada dos dous piares básicos que conforman o Estado do Benestar, a Educación e a Sanidade públicas”.

Así, destacou que a Consellería de Educación segue na súa liña “de gobernar de costas á comunidade educativa, tratando de enfontar aos distintos sectores”. “É intolerable que sexa a propia Consellería de Educación quen está a comandar unha campaña de desprestixio do sistema educativo público e, nomeadamente, dos seus docentes”, sinalou Meijón.

Lembrou que as últimas decisións tomadas pola Consellería “o que realmente pretenden é agochar á opinión pública a redución de recursos materiais e humanos que ven realizando dende que Feijóo goberna a Xunta”.

Neste tema, aos membros da Sectorial de Educación preocúpalles especialmente a redución de docentes de cara ao curso 2011-12 e que os sindicatos teñen cifrados nun número superior ao millar. “O conselleiro de Educación nas últimas comparecencias parlamentarias non foi quen de adiantar ningún dato sobre esta cuestión, pero as últimas declaracións efectuadas arredor do tema, non invitan precisamente ao optimismo”, sinalan.

Meijón evidenciou que “a escola pública perdeu nestes dous anos 200 millóns de euros respecto do último orzamento do Executivo socialista, ao que habería que engadir perto de 80 millóns de euros dos orzamentos de 2010 e 2011 que non se chegaron a executar”.

Por outro lado, a eliminación do dereito á gratuidade dos libros de texto (por un novo modelo máis caro e que só garante a gratuidade a 4 de cada 10 alumnos), as reducións de partidas adicadas á becas (entre un 26% e un 50%), as políticas erráticas respecto á Formación Profesional, nomeadamente a paralización do 2ª Plan Galego de Formación Profesional, a masificación nas aulas, a supresión de aulas de reforzo e apoio, a redución de especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe tan reclamados pola CONFAPAS, así como a figura de coidadores, “son unha parte das malas novas que atinxen á escola pública e do ataque do Goberno de Feijóo a esta”.

Na Sectorial de Educación tamén se abordou de forma especial o que está a acontecer no Sistema Universitario de Galicia. “A Consellería está a afogar ás universidades galegas, pero, o que é peor, está a practicar unha política que vai totalmente en contra das recomendacións de todos os expertos europeos sobre o tema”, apuntou Meijón.

Amosou especial preocupación polas continuas reducións na área de I+D+i, unha situación que ocasionará unha rebaixa moi sustancial do labor que están a realizar os grupos de investigación do noso sistema universitario.

“Cando toda Europa sinala a importancia do investimento en I+D+i como fórmula para achegarnos ao novo modelo económico do século XXI, Jesús Vázquez non só non mantén os orzamentos consolidados na etapa do Goberno socialista, senón que os reduce sustancialmente”.

Sinalou que a paralización na consolidación e contratación de investigadores “é un gran ameaza para a investigación universitaria, así como a supresión das convocatorias deste ano aos grupos de investigación”.

Os participantes na Sectorial, sinalaron como un exemplo claro dos recortes aplicados dende a Consellería de Educación a drástica redución dos fondos asignados a BUGALICIA, o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, un servizo común ás tres universidades galegas e un instrumento imprescindible de consulta e posta ao día para toda a comunidade universitaria.

Por último, a Sectorial de Educación do PSdeG-PSOE resolveu cara ao próximo curso potenciar unha estratexia de reforzo, ampliación e consolidación das estructuras provinciais e comarcais que permitan un maior achegamento á sociedade, “co obxecto de por negro sobre branco ante o conxunto da cidadanía as políticas regresivas de Núñez Feijóo en materia de Políticas Sociais, nomeadamente no que atinxe á educación pública”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar