A Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade xa

A Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade xa

A Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade xa

O deputado socialista José Antonio Quiroga vén de presentar unha proposición non de lei para instar ó Goberno galego a retomar e axilizar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, que se atopa paralizada dende hai case dous anos pola Consellería de Cultura sen que se coñezan os motivos.

Despois de que as deputacións de Lugo e Ourense, coa colaboración do Consorcio da Ribeira Sacra e do Valedor do Pobo, traballasen para acadar este recoñecemento, “os veciños levan moitos meses preguntándose cales son as causas desa paralización”, ante o “silencio total” do goberno ó respecto.

Os socialistas consideran que a Ribeira Sacra é merecedora desta protección e recoñecemento da UNESCO, que “servirá para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e axudará a preservar os valores históricos e etnográficos desta paraxe excepcional”.

Por este motivo, Quiroga pide explicacións sobre esta paralización: “Non sabemos si obedece aos problemas xurdidos pola delimitación da zona a incluír, polas protestas xeradas pola falla de información adecuada a colectivos, pola falla de informes, polo rexeitamento por parte das actividades económicas que se xeran na zona delimitada...” explicou, remarcando que “son moitas ás preguntas que se fan os veciños e interesados en xeral”.

Ante esta situación, insta ó Goberno galego a retomar e axilizar os trámites para dar á Ribeira Sacra esta distinción que “protexe, preserva e difunde lugares de singular relevancia cultural”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar