A reválida de Primaria, unha desautorización monumental á Xunta

A reválida de Primaria, unha desautorización monumental á Xunta

A reválida de Primaria, unha desautorización monumental á Xunta

libro_texto_colexioO portavoz de Educación do Grupo Socialista, dixo que a escasa resposta á convocatoria do goberno galego ás probas de reválida para rapaces de 8 e 9 anos constitúen unha “desautorización monumental”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao conselleiro, na que presentou os datos da Confapa, que estima que só realizaron as probas o 40 por cento dos rapaces e rapazas convocados.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de organizar “de présa e correndo” unha proba estandarizada “sen fins educativos e cuxos resultados servirán unicamente para fomentar a competencia entre centros, para establecer rankings e indignar a milleiros de familias”. Criticou que queiran converter ao sistema educativo “nunha carreira de obstáculos dende terceiro de Primaria.

Sinalou que “o que necesita o noso sistema educativo é estabilidade, recursos humanos e materiais, máximo respecto polo profesorado e moito sentidiño común” e puntualizou que “o que non necesita son receitas máxicas, sectarismos e frivolidades”.

Criticou que o goberno galego apoie a implantación “pola vía rápida e a custe cero unha Lei profundamente sectaria e de partido como a Lomce”, ao tempo que recortan recursos humanos e materiais, desprezan á opinión do profesorado e das familias e fan catro reválidas ao longo da etapa educativa.

Cualificou de “auténtico despropósito” que o goberno galego “pretenda mellorar o sistema educativo recortando plantillas de profesores, minorando os medios de escolas e institutos, ninguneando ao profesorado e ás familias e facendo das reválidas unha auténtica carreira de obstáculos dende terceiro de primaria ata segundo de Bacharelato.

O Portavoz socialista acusou ao goberno galego de confundir a avaliación do sistema educativo coa medición puntual duns resultados parciais en dúas materias concretas por importantes que sexan , e engadiu que a avaliación ten que ser continua, ter un carácter integral e estar ao servizo da mellora da educación.

A clave dun bo sistema educativo, rematou dicindo Vicente Docasar ,conseguiríase dando estabilidade ao propio sistema, respectando ao profesorado, escoitando ao conxunto da comunidade educativa e poñendo os medios humanos e materias necesarios para que as nosas escolas e institutos poidan prestar un servizo público universal e de calidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar