A retirada do copago farmacéutico, a debate no Parlamento esta semana

A retirada do copago farmacéutico, a debate no Parlamento esta semana

A retirada do copago farmacéutico, a debate no Parlamento esta semana

O Grupo Socialista levará ao Pleno que comeza o próximo martes unha proposición non de Lei para reclamar a supresión progresiva do copago farmacéutico que remate na eliminación desta medida “para tódalas persoas pacientes do Sergas”. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, defenderá esta iniciativa cas medidas que analizaron coa Plataforma SOS Sanidade Pública nun encontro que tivo lugar esta mesma semana.

Os socialistas galegos reclaman un plan inicial de reversión do copago farmacéutico “que comece por asumir por parte da administración o custe dos medicamentos para as e os xubilados con pensións menores de 800 euros ao mes”, que supoñen máis do 75 por cento do total dos pensionistas de Galicia.

Explicou que o acceso aos medicamentos constitúe un dereito que debe ser financiado a través dos impostos progresivos porque “é parte da asistencia sanitaria”. Puntualizou que “os socialistas queremos garantir dereitos e redistribuír a riqueza, fronte ao PP que quere garantir a riqueza e redistribuír os dereitos”.

Así o determinou o PP de forma “nítida” dende a posta en marcha do Real Decreto – Lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde, que “en román paladino significou recorte de dereitos e imposición de copagos”.

Esta medida, advirte, “constitúe unha profunda inxustiza, xa que instaura a obriga de repagar por unha parte do servizo sanitario, como é o tratamento farmacolóxico, vulnerando así o criterio de gratuidade da sanidade pública”. Ademais “resulta especialmente lesiva a que afecta, de xeito sinalado, a persoas enfermas con doenzas crónicas polo seu maior gasto farmacéutico”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar