A retirada de axudas á VPO é inconstitucional

A retirada de axudas á VPO é inconstitucional

A retirada de axudas á VPO é inconstitucional

BugalloO portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, advertiu hoxe que a retirada das axudas xa concedidas polo goberno ás hipotecas para conseguir vivendas de protección oficial resulta “unha chapuza inconstitucional” por canto vulnera o principio de irretroactividade. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do PSdeG para que a Xunta manteña estas axudas, que foi rexeitada polo PP.

Advertiu que a retirada destas axudas a través dun Decreto de 2012, que afectaba aos préstamos para a compra de VPO asinados no Plan Nacional de Vivenda 2009 – 12 foi utilizado de forma “torticeira” para retirar tamén as axudas dos plans 2002 – 05 e 2005 – 08. Sinalou que diante desta “tomadura de pelo”, e para darlle cobertura legal, o PP incluíu a retirada das axudas na Lei de Aluguer de Vivendas.

Sánchez Bugallo sinalou que malia que a Xunta teña anunciado que lle resolveu o problema a 1.080 familias galegas, o certo é que hai 12.000 familias en toda Galicia que están a ver cómo, nas revisións quinquenais dos seus préstamos, a hipoteca encarécese ata un 30 ou 50 por cento pola retirada destas axudas.

Estas familias, explicou, están atrapadas agora por unhas hipotecas que tiñan que asinar por un mínimo de 25 anos precisamente para poder acceder á subsidiación dos préstamos.

O responsable socialista advertiu que a retirada destas axudas está a provocar unha serie de demandas nos xulgados e que están obrigando ao Goberno central a pagar as axudas que retirara previamente “ademais dos intereses devengados”.

Por iso esixiulle á Xunta que exerza a súa competencia exclusiva en materia de vivenda, “ademais de para repartir os cartos que veñen de Madrid como si foran propios” e de “dar o pésame aos afectados”, para manter con cargo aos orzamentos da Xunta as axudas comprometidas ao abeiro dos plans nacionais afectados.

Sánchez Bugallo tamén instou á Xunta a que se dirixa ao Goberno central e “lle reclame o cumprimento dos compromisos adquiridos ao abeiro do disposto nos plans nacionais de vivenda 2002 – 05, 2005 -08 e 2009 – 12 mantendo a subsidiación e a prórroga da subsidiación de tódolos préstamos concedidos con anterioridade a 2012.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar