A resolución do tax lease evidencia o fracaso de Feijóo e Rajoy fronte ao Colexio de Comisarios

A resolución do tax lease evidencia o fracaso de Feijóo e Rajoy fronte ao Colexio de Comisarios

A resolución do tax lease evidencia o fracaso de Feijóo e Rajoy fronte ao Colexio de Comisarios

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo que a resolución sobre o tax lease aprobada hoxe polo Colexio de Comisarios da UE evidencia “o fracaso dos gobernos de Galicia e de España, que non foron capaces de exercer a presión suficiente” sobre os seus membros.

Gallego lembrou que 20 dos 27 membros deste órgano forman parte dos liberais e do centro – dereita, sobre os que os populares non foron quén de mobilizar para paralizar esta decisión. Dixo que “a pelota está agora no tellado dos gobernos de España e Galicia” para reaccionar e poñer as condicións da devolución das axudas concedidas ao sector en base a unha norma aprobada polo goberno de Aznar en 2002.

A responsable socialista dixo que “é a hora de actuar e non deixar caer a un sector fundamental” pra España e Galicia e ofrecer “o apoio dos socialistas ao goberno pra todo aquilo que sexa necesario para que o sector non caia”. Lembrou que os socialistas galegos “fixemos tódalas xestións posibles diante do comisario europeo da Competencia” chegando a pedir a súa dimisión fronte a esta decisión sobre o tax lease.

Dar a cara

Descartou sen embargo “servir de comparsas para esconderse do Parlamento” porque, dixo, “hoxe é mais necesario que nunca un Pleno sobre o sector do naval para fixar unha estratexia para o futuro de Galicia”. Dixo que “Feijóo debe dar a cara, e o Parlamento non pode estar sen celebrar plenos co que está acontecendo neste mes de xullo”, en alusión á situación do naval e aos datos sobre o financiamento irregular do PPdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar