A resignación da inercia e falla de ideas e compromisos na Secretaría Xeral de Presidencia

A resignación da inercia e falla de ideas e compromisos na Secretaría Xeral de Presidencia

A resignación da inercia e falla de ideas e compromisos na Secretaría Xeral de Presidencia

Soneira plenoA deputada socialista Marisol Soneira sinalou hoxe a “resignación da inercia e falla de ideas e compromisos” dos Orzamentos da Secretaría Xeral da Presidencia, que foron presentados hoxe na Comisión de Orzamentos do Parlamento. A deputada socialista resumiu que “son os orzamentos dun goberno sen rumbo e sen patrón” e que deixan “o regusto amargo á fel das malas dixestións”.

Criticou uns orzamentos “carentes da mínima esperanza en ningunha das liñas debulladas por vostedes”, unhas contas “sen compromiso coas persoas” e que demostran a “falla de compromiso cao transparencia”. A única preocupación do goberno galego, dixo, radica en preparar uns orzamentos “netamente electorais”, como demostra que “comezaron a anunciar a suposta rebaixa fiscal como publicidade institucional antes mesmo de ter sido aprobada”.

Soneira dixo que as contas da Secretaría Xeral de Presidencia radiografían o epicentro da propaganda e a manipulación informativa dirixidas ao “control social a través do control dos medios de comunicación” e o “nepotismo e amiguismo político”, que se traslada a toda a estrutura do goberno. A día de hoxe, dixo, son “incapaces de confesar a situación da súa plantilla de asesores”.

Lembrou que o orzamento relacionado coas políticas de emigración reflicte “precisamente que non hai política de emigración”, ao carecer de calquera compromiso co 20 por cento coa poboación galega que reside na diáspora. “Visto o que acointece neste apartado –dixo- é mellor que desapareza a secretaría xeral de Emigración e que as partidas dos seus cargos incrementen os recursos dirixidos á emigración a través doutros departamentos”.

A Secretaría Xeral, explicou, tamén ten competencias en materia de deportes, cuns orzamentos que “non resolven os problemas do deporte galego”, como o impacto negativo da implantación da licenza única a nivel nacional, as dificultades das federacións para contratar seguros deportivos, a ausencia de planificación de infraestruturas ou o reparto desigual e tardío das subvencións.

Con relación á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia –Amtega-, considera “incomprensible que se lle dedicaran cuantiosos recursos cando se recorta en capítulos esenciais para a sociedade”. Advertiu ademais que os “enormes recursos” para a modernización tecnolóxica de Galicia “case sempre lle tocan á sobriña do señor Romay Beccaría”.

Finalmente, advertiu o “fracaso” da política de impulso do turismo galego, un sector abandonado polo goberno galego, como demostra que a pesares de que representa o 10 por cento do PIB galego, o goberno ten presentado un Plan Integral de turismo 2014-2016 sen memoria económica nin orzamentos anuais.

O goberno galego reduciu estas partidas en 34 millóns de eurosdende os 78 de 2009 ata os 44 de 2016, co que Galicia “segue á cola de España en ocupación hoteleira e estancia media de turistas”, malia o relativamente bo ano para o sector. Ironizou con que “mentres sigamos publicitando a Galicia dentro de Galicia moito nos tememos que isto mellore a curto prazo” xa que así “é imposible animar a ninguén a que veña visitarnos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar