"A réplica de Hernández ao compromiso co AVE a Galicia é unha desfachatez que só pode vir dun irresponsable con moi pouca vergoña”

"A réplica de Hernández ao compromiso co AVE a Galicia é unha desfachatez que só pode vir dun irresponsable con moi pouca vergoña”

"A réplica de Hernández ao compromiso co AVE a Galicia é unha desfachatez que só pode vir dun irresponsable con moi pouca vergoña”

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, dixo  que a réplica do conselleiro Hernández ao compromiso do ministro de Fomento co AVE a Galicia constitúe unha “desfachatez que só pode vir dun irresponsable con moi pouca vergoña”. Así o dixo logo das críticas da Xunta á intervención de José Blanco no Fórum Europa celebrado hoxe en Santiago.

López Vidal sinala que a intervención do ministro galego resultou “obxectiva e intachable” e evidencia que, “diante dos datos incontestables de investimento e compromiso con esta comunidade Autónoma, tanto Feijóo como Hernández están demostrando que só poden replicar con pataletas”. Engadiu que a “lamentable falla de respecto institucional amosada hoxe só pode responder á inmadurez democrática de quen dirixe a Xunta”.

O responsable socialista dixo que “as palabras de quen debera dirixir e estimular as infraestruturas dende Galicia só se poden entender dende a falla de respecto dun goberno da Xunta que non goberna e dende a ausencia de toda leal colaboración que se espera de dous gobernos que teñen que traballar a prol dos cidadáns”.

Puntualizou que “o que lles pasa a Hernández e Feijóo é que están escocidos porque lles lembraron os seus deberes e as súas competencias para rendibilizar as infraestruturas de comunicación que está construíndo o Ministerio de Fomento en Galicia”. Dixo que “tanto os trens como os aeroportos como os portos teñen que ter masa crítica e usuarios, a esa é a tarefa á que está chamada a Xunta de Galicia e que non está facendo”.

Engadiu que a única bagaxe que pode ofrecer hoxe o PP é a “nefasta planificación herdada do goberno conservador do señor Rajoy, quen, diante da catástrofe do Prestige, pintou e planificou un AVE a Galicia de segunda velocidade”, e a ausencia das licitacións da Xunta, que se mantén “inexplicablemente borrada” das grandes infraestruturas do país.

Contrastar datos

Lembrou que “hoxe os galegos e galegas tivemos a oportunidade de contrastar cifras e datos, e o 10 de decembro teremos a oportunidade de viaxar en Alta Velocidade dende Ourense – Santiago – A Coruña”. Engadiu que “todo elo a pesares dos atrancos dun goberno da Xunta que non está nin se lle espera”.

López  Vidal  engadiu que o actual ministro de Fomento, “como moi ben explicou na conferencia de hoxe, logo de resolver os problemas de dobre vía -que non tiñamos-, de electrificación -que faltaba- e de comprometer un AVE de primeira división, cada día está traballando, licitando e adxudicando tramos de obra que farán que nun futuro inmediato poidamos circular por Galicia e comunicarnos coa Meseta en Alta Velocidade”.

Dixo que “a realidade dos feitos evidencian que o que tiñamos herdado do PP era un tren de inferiores prestacións co que vamos a contar grazas ao empeño e o compromiso do actual ministro de Fomento”.

Sinalou que “como exemplo deste compromiso contra vento e marea temos as obras que visitou o Ministro no compostelán barrio do Castiñeiriño, onde había unha brecha provocada pola vía do tren e, logo do investimento de Fomento, quedan as vías cubertas en 600 metros cadrados para disfrute dos veciños de Santiago e en concreto deste barrio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar