A reforma local do goberno pisotea a autonomía local

A reforma local do goberno pisotea a autonomía local

A reforma local do goberno pisotea a autonomía local

O responsable de Política Municipal do PSdeG-PSOE, Carlos Fernández, reclamoulle aos gobernos central e autonómico que reinicien a reforma local de forma consensuada coas restantes forzas políticas. Así o dixo logo do varapau asestado polo Consello de Estado ao proxecto de Lei do goberno, que confirma que a oposición socialista ao texto “está ben fundamentada, e en ningún momento supón unha postura partidaria ou un capricho”.

Fernández sinala que o informe do órgano consultivo ven a confirmar que a Lei que pretende aprobar Rajoy con Feijóo como “colaborador necesario” dende Galicia “pisotea a autonomía municipal”, tal e como viñan advertindo os socialistas galegos. O responsable socialista advirte que o informe do Consello de Estado desbota a tendencia do PP a considerar á administración local como xerarquicamente inferior.

Subliñou que a realidade é que tanto o Goberno central, como o executivo autonómico e os entes locais “son tres administracións diferentes, ningunha ten potestade sobre a outra”, polo que a Lei que pretende aprobar o goberno produce unha clara “invasión de competencias”.

Reclámalle polo tanto ao goberno que reelabore o proxecto de Lei, desta volta consensuada co resto de formacións políticas para “fortalecer a autonomía municipal e a calidade das institucións, mellorando a prestación de servizos aos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar