A reforma do sistema de pensións provocou que 700.000 pensionistas galegos perderan o 10 por cento o seu poder adquisitivo

A reforma do sistema de pensións provocou que 700.000 pensionistas galegos perderan o 10 por cento o seu poder adquisitivo

A reforma do sistema de pensións provocou que 700.000 pensionistas galegos perderan o 10 por cento o seu poder adquisitivo

Carmen GallegoA portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, advertiu que a reforma do sistema de pensións encetada polo PP a finais de 2013 supuxo que 700.000 pensionistas galegos perderan mais de 200.000 euros, o 10 por cento do seu poder adquisitivo. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para que a Xunta demande do goberno de España que volva ao Pacto de Toledo e que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista lembrou que os socialistas presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra a diminución das pensións decretada polo goberno de Rajoy, dirixida a “detraer recursos das familias e introducir a privatización do sistema de pensións”. Sinalou que a suposta suba da pensións publicitada polo PP en realidade agocha a súa perda de poder adquisitivo ao manterse por debaixo da inflación.

En realidade, explicou, a reforma do sistema de pensións suporá un descenso de ata o 26 por cento do poder adquisitivo das pensións nun prazo de 15 anos, unha situación que terá un impacto especialmente virulento en comunidades como Galicia, coas pensións mais baixas e a poboación mais envellecida do Estado.

Lembrou que nesta Comunidade Autónoma as pensións sitúanse na media dos 729 euros, un 16 por cento por debaixo do resto do Estado, mentres por cada 100 menores de 20 anos hai actualmente 145 maiores de 64. Suporá así “unha perda de poder adquisitivo especialmente grave para unha terceira parte da poboación galega”, na que as pensións estanse convertendo na “principal ou única fonte de ingresos familiares”.

Advertiu que o goberno de Rajoy, lonxe de introducir “un só euro” no peto das pensións, vén de anunciar “un novo bocado ao fondo de reserva” das pensións, logo de detraerlle 13.071 millóns de euros. En dous anos xa retirou unha cuarta parte do fondo de reserva, a un ritmo que suporá reducilo á metade nunha lexislatura.

Expolio

E iso, puntualizou, logo de expoliar o Fondo de Prevención da Seguridade Social, quitándolle 4.400 millóns dos 4.900 dos que contaba. En total, entre o Fondo de Pensións e o Fondo de Reserva, o executivo de Rajoy detraeu 24.000 millóns de euros en dous anos, co “obxectivo de baleirar” estes recursos e “empobrecer aos pensionistas para engordar ás empresas privadas mais favorables ao goberno”.

Acusou ao PP de “baixar as pensións durante 15 anos” mentres os goberno socialistas “démoslles aos pensionistas o maior poder adquisitivo de toda a historia da democracia”. Así, dixo, mentres os socialistas universalizaron o sistema público de pensións e foi o goberno que mais recursos destinou á súa mellora, o PP “destinou 7 millóns de euros -600.000 en Galicia- a enviarlles cartas aos pensionistas para facerse propaganda”.

O PP rexeitou hoxe a proposta socialista para rexeitar a reforma do sistema de pensións da Seguridade Social imposta polo goberno central á marxe do Pacto de Toledo. Ademais, reclamáballe á Xunta que se dirixira ao goberno central para pedirlle que volta ao Pacto de Toledo.

Ademais inclúe “as medidas precisas para que as persoas pensionistas e xubiladas recuperen unha fórmula que garanta o mantemento do poder adquisitivo das pensións públicas e a sostibilidade do sistema, unha medida que por xustiza lles corresponde”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar