A reforma do Regulamento mellora a capacidade de control á Xunta

A reforma do Regulamento mellora a capacidade de control á Xunta

A reforma do Regulamento mellora a capacidade de control á Xunta

PlenoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que a Reforma do Regulamento da Cámara, que naceu a proposta dos socialistas galegos e foi aprobada hoxe en Comisión parlamentaria, “mellora a capacidade de control do goberno”. Así o dixo no debate do último trámite desta reforma antes do seu paso definitivo polo Pleno do Parlamento.

O responsable socialista explicou que o texto “mellora a posición actual” e supón “o punto de encontro máximo” que abre a porta a que “no futuro, con outra composición da Cámara, se poida avanzar na mellora do seu funcionamento”. Salientou as melloras aplicadas tanto no labor de control ao Executivo como no “avance extraordinario na participación cidadá no proceso lexislativo”.

O debate finalizou incorporando unha proposta de transacción a instancias dos socialistas para retirar o límite a tres preguntas ao presidente imposto polo PP, co que agora o número e distribución destas será fixado pola Mesa e Xunta de Portavoces en cada período de sesións. Méndez Romeu explicou que o novo texto permite a constitución de Comisións de Investigación por unha maioría cualificada da Cámara, impedindo o veto da maioría absoluta.

Ademais, insta ao goberno a responder ás peticións formais de documentación ou do contrario obriga a comparecer para dar conta da información solicitada. Dixo que este requisito está dirixido a impedir que a Xunta escamotee información, o que provoca que a día de hoxe os socialistas manteñan 400 solicitudes de información sen atender.

Permite tamén que as asociacións cidadás poidan intervir nos debates lexislativos, o que supón un “avance extraordinario da participación cidadá no proceso lexislativo”, actualizando o funcionamento da Cámara autonómica. Ademais, o debate orzamentario dividirase na comparecencia dos responsables dos capítulos de gasto en Comisión e os conselleiros no Pleno.

A nivel interno, reduce os prazos das iniciativas parlamentarias, incrementa un mes ao ano o tempo hábil dos períodos de sesións, remata coa opacidade fiscal ao impor a transparencia fiscal dos membros da Cámara e dos grupos parlamentarios. Incrementa ademais a transparencia do funcionamento do Parlamento, revelando as ausencias nos debates e o sentido do voto de cada deputado a título individual.

Os socialistas galegos manteñen as emendas para aumentar a participación cidadá con propostas na Comisión de Peticións ou o incremento no control da situación patrimonial dos deputados.

Críticas

Méndez Romeu respondeu ás críticas dos grupos minoritarios da oposición, aos que acusou de “victimismo” e de “crear problemas onde non existen”. Lembrou que as diverxencias entre a esquerda política reformista e rupturista “remóntanse a cen anos atrás, e derivaron daquela na ruptura da II Internacional e a fundación da III Internacional”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar