A reforma das pensións custaralle aos pensionistas galegos 2.000 millóns de euros en 9 anos

A reforma das pensións custaralle aos pensionistas galegos 2.000 millóns de euros en 9 anos

A reforma das pensións custaralle aos pensionistas galegos 2.000 millóns de euros en 9 anos

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que a reforma das pensións do PP “custaralles aos pensionistas galegos mais de 2.000 millóns de euros en 9 anos”. O responsable socialista anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias para rexeitar a redución das pensións e o copago da farmacia hospitalaria “cruel e inservible”.

 

Losada enmarcou estas iniciativas na sesión de control ao goberno, que no Pleno que comeza mañá estará centrada nos recortes dos servizos públicos por parte do PP en Galicia e no conxunto do Estado. O responsable socialista denunciou a “flagrante mentira” por parte deste partido dirixida a “reducir os servizos públicos e beneficiar ao sector privado”.

 

Defendeu os “dereitos consolidados dun sistema fiscal xusto e progresivo” e amosou a súa oposición radical ao modelo de “beneficencia” aplicado polo PP con medidas dirixidas a crear “unha sociedade mais desigual e o debilitamento do Estado do Benestar” aplicando recortes drásticos “coa escusa dun pretendido aforro”.

 

O parlamentario socialista tamén reclamou o rexeitamento do copago da farmacia hospitalaria, que amosa a “crueldade cos eslabóns mais débiles da cadea” que supón un “ataque contra a sanidade pública”. Advertiu que a única consecuencia que provocará será desviar ás clases medias e altas ao sector privado, provocando unha sociedade desigual e inxusta.

 

Abel Losada criticou que estes recortes son ademais a consecuencia do “seguidismo suicida” por parte de Feijóo e Rajoy das políticas de Merkel converténdose en “comparsas dunha estratexia exitosa para Merkel e Alemaña e dramática para España e Galicia”. Explicou que a canciller alemá obriga ao rescate con diñeiro público dos bancos españois para garantir o financiamento dos bancos alemáns, acredores destes.

 

Ademais, explicou, os recortes e empobrecemento do sur da zona euro garante importacións mais baratas e aumenta a emigración de man de obra cualificada xa formada, que aproveita Alemaña sen ter investido na súa formación.

 

Cinismo político apabullante

 

O portavoz do Grupo Socialista denunciou o “cinismo político apabullante” amosado por Feijóo ao responsabilizar á crispación da perda de credibilidade da clase política. Explicou que esta perda de credibilidade deriva “das fotos cos narcotraficantes amigos de Feijóo” e dun partido, o PPdeG, que aparece como “receptor de doazóns presuntamente ilícitas” de empresarios que contratan co goberno “e que ninguén dea a cara”.

 

Concluíu neste sentido que “o que desprestixia á política son os mortos –en sentido figurado- no armario de Feijóo”. Explicou os socialistas volverán solicitar no Pleno do Parlamento a comparecencia de Feijóo para dar conta do financiamento irregular do seu partido, e lembrou que a Xunta responderá a unha interpelación neste sentido e polas falsidades vertidas sobre o financiamento de Unións Agrarias.

 

En reposta á polémica sobre Resistencia Galega, puntualizou que “quen pon artefactos explosivos nas sedes dos partidos políticos son terroristas”, e engadiu que “outra cousa é facerlle o caldo gordo ao PP cando intenta tapar as súas vergonzas” con esta polémica.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar