"A reforma da RTVG sacará das mans do goberno o mando a distancia dos informativos para poñelo nas mans dos profesionais"

"A reforma da RTVG sacará das mans do goberno o mando a distancia dos informativos para poñelo nas mans dos profesionais"

"A reforma da RTVG sacará das mans do goberno o mando a distancia dos informativos para poñelo nas mans dos profesionais"

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage Tuñas, dixo que a reforma da RTVG “sacará das mans do goberno o mando a distancia dos informativos e pono nas mans dos profesionais”. Así o dixo na tramitación da toma en consideración da Lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia presentada conxuntamente polo PSdeG e polo PP, que tivo lugar no Pleno de hoxe.

O responsable socialista explico que a Lei garante “a independencia, obxectividade e veracidade da información, reforza a capacidade de control do Parlamento de Galicia e prevé a creación dunha Autoridade Audiovisual Independente de Galicia que realizará tamén as funcións propias do Consello Asesor”.

Sinalou que a norma aposta por “rematar cun modelo caduco e gubernamental para dar paso a un servizo público rexido por criterios profesionais e con directivos independentes do Goberno”. Sinalou que neste sentido a partir de agora será o Parlamento quen nomee por maioría cualificada ao director ou directora xeral do ente, que dende 1984 era nomeado pola Xunta.

Ademais desta medida, que garante maior independencia e reforza a profesionalidade da xestión, esta Lei “impide a cesión a terceiros a realización e edición dos informativos, e establece por vez primeira un estatuto profesional da Corporación da RTVG que contempla a creación dun consello de informativos”.

Lage Tuñas explicou que os medios públicos “son viables, e boa proba disto está nesta Lei que ampara a existencia dunha nova corporación cen por cen pública”, e que ademais “adecúa a entidade ás circunstancias económicas actuais”. Así, incorpora medidas de mellora da eficiencia na xestión mercantil reforzando a súa independencia sobre o executivo e incorporando a eficiencia económica como principio das súas actividades.

Lingua galega

O portavoz da Área Institucional explicou que “a lingua é unha das razóns de ser da RTVG, e a súa promoción, defensa e uso para a normalización do idioma nun contexto adverso para as linguas minorizadas é unha liña vermella para o PSdeG-PSOE”. Dixo así que a RTVG “será un instrumento eficaz de vertebración da identidade de Galicia como pobo e da difusión e normalización da súa principal manifestación que é a lingua”.

Con este obxectivo atribúese á RTVG un réxime xurídico, patrimonial e organizativo que permite axustar as emisións e a súa penetración no público ás evolucións tecnolóxicas e tendencias do mercado para conseguir que a entidade siga sendo competitiva e un elemento de cohesión e impulso da identidade colectiva.

Explicou que a Lei “garante os valores de pluralismo, veracidade e accesibilidade co fin de contribuír á formación dunha opinión pública informada” e ademais “prevé a regulación da organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Ponencia conxunta

Lage Tuñas sinalou que esta norma é a conclusión dun ano de comparecencias de expertos en comunicación, organización ou finanzas, así como representantes ou directivos de operadores audiovisuais ou ás súas agrupacións profesionais, persoas destacadas no ámbito da comunicación e directivos, xestores e representantes sindicais da CRTVG que compareceron na ponencia conxunta constituída no Parlamento.

Dixo que este texto adecúa o réxime xurídico da entidade audiovisual ao novo contexto normativo marcado pola Lei 7/2010 Xeneral da Comunicación Audiovisual, logo de case tres décadas dende a súa creación nas que “ten contribuído decisivamente á normalización da lingua galega, ao reforzamento da identidade do pobo galego, á promoción da cultura galega e o impulso da industria audiovisual do país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar