A reforma da PAC leva o adn da dereita e descoñece a realidade da agricultura galega

A reforma da PAC leva o adn da dereita e descoñece a realidade da agricultura galega

A reforma da PAC leva o adn da dereita e descoñece a realidade da agricultura galega

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes dixo  no Pleno do Parlamento que dende o PSdeG defendemos unha reforma da PAC forte que contribúa aos obxectivos da Europa 2020, unha PAC con orzamento suficiente, asentada en tres instrumentos básicos: de apoio as rendas, xestión de mercados e desenvolvemento rural. E resumen unha PAC mais simple de fácil aplicación , e unha PAC mais verde. Verdes fixo esta afirmación trala comparecencia parlamentaria do Conselleiro de Medio Rural na que dende conta deste asunto.

Subliña que gracias ao liderado da ex-Ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, conseguimos introducir a Política Agraria Comunitaria  dentro da estratexia da Europa 2020, entendendo que a agricultura debe contribuír á construcción de Europea, e deber ser considerada un piar estratéxico na Europa do presente e do futuro.

Advirte que a oposición é unánime de tódolos estados membros no que se refire aos  instrumentos para acadar os obxectivos. Verdes replica que a resposta da Ministra Rosa Aguilar foi contundente,  xa que amosou a súa oposición frontal á proposta “entendendo que sería necesaria unha emenda á totalidade, xa que a proposta que descoñece a realidade da agricultura española e prexudica gravemente á agricultura productiva en maior medida á galega”. 

A deputada afirma que precisamos unha reforma para mellorar a PAC, para acadar unha política mais forte, mais simple, mais verde, con mais medidas de xestión de mercados e que dea resposta as necesidades dos agricultores e gandeiros, e que atenda tódalas sensibilidades  para que contribúa ao equilibrio territorial e productivo do sector.

Verdes amosou o seu rexeitamento ao cadro financiero que xa supón recortes, e que non entende a agricultura cómo estratéxica, de xeito que o noso nivel de participación no gasto global non resulte perxudicado e incluso que debe ser mellorado. Tamén amosou a súa oposición á taxa plana nos pagos directos ligados á superficie, “porque non atenden as necesidades nin as peculiaridades das explotacións galegas, nin a diversificación das nosas produccións e perxudícamos gravemente”.

Xestión dos mercados

No que se refire ás medidas da xestión dos mercados, que servirían para aportar estabilidade ao noso sector leiteiro, dende o PSdeG valoramos positivamente o esforzo que supón un avance, dacordo co que durante a Presidencia española defendeu e liderou o goberno de España. Lembra que o Goberno Central puxo en marcha o Grupo de Alto Nivel para o sector lácteo, por iso agora se avanza no senso no que establece o Real Decreto para os contratos lácteos.

Con estes argumentos Verdes dixo que a proposta da PAC leva o ADN da dereita. Critica que a reforma da PAC do 2003 aprobouna a dereita, e asevera que o PP “non cree nunha PAC mais forte, nin mais verde, nin con mais medidas de regulación de mercados, nin consideran a agricultura como sector estratéxico, nin o rural como oportunidade de futuro”.

E resumiu “os que viven no rural teñen dereito á igualdade de oportunidades e a mais e mellores servicios”.

Peche de 2.200 explotacións

Asegura que o Goberno de Feijoo “leva as costas o peche de mais de 2200 explotacións, o recorte as axudas aos gandeiros/as, o recorte nun 50% a dotación para a incorporación de mozos, permiten os abusos das industrias aos gandeiros/as, a dilapidación das políticas de desenvolvemento rural recortando nun 45% o conxunto do  programa en 2011 e mais dun 59% no capítulo de investimento para o ano 2012, o desmantelamento do Banco de Terras, a paralizaron das concentracións parcelarias e a aprobación en solitario dunha lei apostando pola forestación das terras agrarias”.

Por ultimo envioulle unha mensaxe ao Conselleiro “queremos saber qué posición defende o Goberno de Feijoo, cal vai a ser a súa actitude?”, insistiu. E acusou ao Goberno de Feijoo de deslexo e a falta de compromiso “xa que defenden un plan de abandono nun rural, onde o despoboamento e o abandono non se pode reverter”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar