A reforma da Lei do Aborto "pon en evidencia a un goberno reaccionario, machista, cruel e moi inxusto"

A reforma da Lei do Aborto "pon en evidencia a un goberno reaccionario, machista, cruel e moi inxusto"

A reforma da Lei do Aborto "pon en evidencia a un goberno reaccionario, machista, cruel e moi inxusto"

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, dixo que a Lei do Aborto “pon en evidencia un goberno reaccionario e machista e, sobre todo, cruel e moi inxusto”. Así o dixo no debate da proposición non de Lei conxunta de socialistas, nacionalistas e AGE para impedir a reforma da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo, rexeitada polo PP.

Acuña sinalou que a reforma legal resulta “improcedente e innecesaria” por canto a aplicación da Lei “non está a provocar ningún conflito” mentres o anuncio da súa reforma está a crear “inquedanza social”. Dixo neste sentido que “impoñer a maternidade é a forma mais cruel de sometemento da muller” ao modificar unha norma que “non obriga a ninguén a abortar, pero permite que quen queira facelo o faga con tódalas garantías”.

Acusou ao PP de derrogar unha norma que incluía unha “adecuada información sexual e unha correcta accesibilidade aos métodos anticonceptivos como a mellor garantía para evitar os abortos”. Criticou que “un goberno non pode estar falando de que as persoas teñen dereito a decidir sobre a súa vida coas instrucións previas e sen embargo negarlle ás mulleres a capacidade de decidir sobre a súa maternidade”.

A responsable socialista sinalou que “só a Santa Inquisición na Idade Media e o señor Gallardón agora se atreveron a antepoñer os designios da Igrexa aos avances da ciencia”. Lembrou que a ciencia “permite previr, diagnosticar, tratar e interromper o embarazo para impedir o sufrimento e a dor”, mentres o PP “sentíndose Dios, quere obrigar a parir, a nacer e a subrir para logo abandonalos á súa sorte”.

Dixo que os designios do PP van contra a ciencia que “non só permite detectar malformacións intraútero e severas discapacidades para aplicar tratamentos, senón que ata aconsella interromper a xestación” en determinados casos, o que “permite impedir que naza o malformado evitando que sufran a nai, o pai, a familia e a sociedade no seu conxunto”.

Carmen Acuña dixo hoxe tamén que “un goberno debe lexislar para garantir a saúde, para garantir dereitos, para garantir igualdade e para perseguir a violencia contra as mulleres, non para todo o contrario”. Engadiu que “un goberno ten que velar pola igualdade e a dignidade das persoas, e non o fai cuestionando o dereito das mulleres a decidir nin obrigando a nacer aínda que sexa só para sufrir”.

Adiantou que a aprobación da modificación lexislativa suporá “privar ás mulleres do dereito a decidir, xudicializar unhas prácticas que teñen que ver coa saúde e condenar ás mulleres ao turismo sanitario ou a prácticas clandestinas cun importante risco para a saúde”. Aboca, dixo, ás mulleres a “unha práctica ilegal, tendo que recorrer aos mesmos métodos bárbaros de antaño, agás as mulleres ricas e con posibilidades”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar