A reforma da Lei de Seguridade Cidadá supón unha "grave restrición dos dereitos fundamentais"

A reforma da Lei de Seguridade Cidadá supón unha "grave restrición dos dereitos fundamentais"

A reforma da Lei de Seguridade Cidadá supón unha "grave restrición dos dereitos fundamentais"

Carmen GallegoA viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, presentou unha serie de iniciativas no Parlamento de Galicia en contra da reforma da Lei de Seguridade Cidadá, prevista para o próximo 27 de novembro. Os socialistas levan esta proposta logo do encontro coa Alianza Social Galega esta mesma semana, onde amosaron seu apoio e respaldo á manifestación en contra desta norma convocada para o próximo 23 de novembro.

Gallego quere darlle a oportunidade a Feijóo a “votar esta iniciativa e escoller entre defender os dereitos fundamentais ou ao seu partido”. Alerta que esta norma supón unha “grave restrición dos dereitos da cidadanía”, dirixida a “limitar o dereito cidadá a protestar e manifestar as reivindicacións nun momento de drásticos recortes sociais” dirixindo o dereito sancionador administrativo “para reprimir as protestas públicas”.

Constitúe, advertiu, un “ataque frontal ás liberdades e dereitos fundamentais, a liberdade de expresión, reunión e manifestación, a liberdade de asociación e a liberdade sindical”. En definitiva, engade, “constitúe a expresión dunha forma de gobernar baseada no autoritarismo e moi afastada dos dereitos de cidadanía” sen que haxa “ningunha razón obxectiva que faga necesaria a modificación da Lei”.

Nesta Proposición non de Lei, Gallego insta ao Parlamento a “rexeitar o proxecto de Lei de reforma da Lei Orgánica sobre Protección da Seguridade Cidadá, por vulnerar as liberdades e dereitos fundamentais da cidadanía” e trasladalos ás cortes xerais.

Inconstitucional

A responsable socialista advirte que a reforma podería ser susceptible dun recurso de inconstitucionalidade por invasión das competencias da Comunidade Autónoma. Por este motivo reclámalle á Xunta que encargue un informe xurídico “que permita dilucidar si o contidos do proxecto de lei que se está tramitando nas Cortes Xerais de reforma da Lei Orgánica sobre a Protección da Seguridade Cidadá vulnera as competencias autonómicas.

No caso de que así fora, dixo, o goberno galego “non debe dubidar nin por un só momento en presentar un recurso de inconstitucionalidade” para frear este “novo despropósito encetado pola dereita radical que nos está a gobernar co único ánimo de restrinxir a liberdade cidadá”.

Esta reforma encetada polo goberno de Rajoy coa conivencia de Feijóo “está encadrada na súa aposta ideolóxica para cambiar a estrutura da sociedade española, facéndoa mais desigual e excluír aos que menos teñen da educación, sanidade, servizos sociais ou a xustiza. Constitúe un novo paso logo dos seus intentos de impedir ás mulleres decidir sobre o seu corpo ou que as parellas do mesmo sexo poidan casarse.

O obxectivo é “prohibirnos protestar aos que non pensamos como eles, e que fiquemos desiguais, estigmatizados e amordazados”. Advertiu que “os socialistas rexeitaremos esta reforma e como no caso do aborto dirémoslle alto e claro ao PP que non van poder calarnos e cando cheguemos ao goberno derrogaremos esta Lei que atenta contra a liberdade das persoas”.

Acusou ao goberno de intentar aprobar esta norma “a toda velocidade, previsiblemente no Pleno do próximo 27 de novembro”, logo de ter sorteado a emenda á totalidade e as emendas parciais presentadas polos socialistas no seu trámite parlamentario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar