A redución de profesorado universitario provoca problemas de funcionamento nas facultades

A redución de profesorado universitario provoca problemas de funcionamento nas facultades

A redución de profesorado universitario provoca problemas de funcionamento nas facultades

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, dixo hoxe que a redución de profesorado polos recortes da Xunta está a provocar “graves problemas de funcionamento nas facultades e nos departamentos galegos”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, na que responsabilizou á Xunta dunha “situación extremadamente difícil”.

Burgo sinalou que a baixa taxa de reposición de persoal docente e os recortes do goberno galego supuxeron o descenso dun 7,5 por cento nas plantillas de profesorado de 2010, con centros que xa están a rexistrar problemas de funcionamento pola elevada taxa de xubilacións e o baixo nivel de reposición dos profesores e profesoras.

Puxo como exemplo o caso da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, onde desapareceron o 11 por cento dos profesores en apenas cinco anos, perderon 43 das 80 prazas de profesores concertados co Sergas e en breve terán apenas 4 profesores para dar 17 materias médicas, segundo dixo o propio reitor. Ademais, sinalou as facultades de Ciencias da Educación e Filosofía, onde os seus alumnos se mobilizaron para “ter profesorado”.

A deputada socialista criticou o “cinismo e hipocresía” do goberno galego, que responsabilizou ao goberno de Zapatero de impoñer unha taxa de reposición de persoal funcionario que “non afectaba nin á investigación nin ao ensino universitario”. Ademais, lembrou que “vostedes non estaban obrigados a manter” estas taxas, e a pesares disto mesmo as aumentaron.

Isto supuxo que entre os anos 2010 e 2015 só foi reemprazado o 10 por cento dos profesores e profesoras, ata chegar ao ano 2016, no que aseguran unha taxa de reposición do cen por cento, pero “das xubilacións deste mesmo ano”. Desta forma, resulta que “non podemos recuperar as prazas perdidas nos anos anteriores”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar