A redución de investimentos do Goberno é "suicida" para Galicia

A redución de investimentos do Goberno é "suicida" para Galicia

A redución de investimentos do Goberno é “suicida” para Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou hoxe de “suicida como país” que os orzamentos presentados polo Goberno central supoñan unha nova redución do 33 por cento nos investimentos “sobre o xa reducido” para Galicia. Así o dixo logo dun encontro cos responsables do Eixo Atlántico, que reivindicaron as infraestruturas “irrenunciables” para a Eurorrexión.

Tomou como exemplo Portugal, que reforzando o investimento e o gasto público consegue reducir o déficit a un 2 por cento e recuperar poder adquisitivo. Mentres, o goberno central “castiga” a Galicia e aplica novas restricións ao tempo que medra a carga impositiva e antes de ter completado as infraestruturas pendentes en materia de conexión ferroviaria, depuración de augas ou liñas de transporte de mercadorías.

Considera un “drama” que Feijóo, “o pre-sidente que dicía que Galicia, Galicia, Galicia, cando Zapatero investía 2.000 millóns de euros, hoxe amósase como un manso cordeiro na visita da vicepresidenta antes de constatar que o investimento é menos da metade”.

O portavoz socialista respaldou as reivindicacións dos responsables do Eixo Atlántico para integrar os principais focos de poboación e produtivos de Galicia e o Norte de Portugal, sumando así un PIB de 100.000 millóns de euros, a terceira área metropolitana da península. Para isto cumpre garantir a conexión do Porto Seco de Monforte cos cinco portos de interese xeral de Galicia e o nodo de Palencia.

Para iso cumpre ademais desbloquear a conexión ferroviaria interior entre Lugo – Ourense – Bragança como complementaria ao eixo Vigo – Coruña, que debera estar conectada á súa vez con Oporto e Lisboa. Apuntou que “separando somos débiles, pero se sumamos Galicia será competitiva” e engadiu que “apra iso necesitamos infraestruturas” para unir todo o Eixo Atlántico.

Eixo Atlántico

Pola súa banda, o vicepresidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, criticou que o compromiso de Feijóo co reequilibro territorial “queda en meras palabras” cando non vai acompañado de investimentos para desenvolver as infraestruturas pendentes. O secretario do ente, Xoán Vázquez Mao, cualificou os orzamentos de “profundamente decepcionantes” ao obviar as reivindicacións “irrenunciables” do Eixo.

Referiuse así á conexión do Porto Seco de Monforte, a conexión do AVE entre Lugo e Ourense, a saída Sur de Vigo cara Portugal, e a A-76 Ponferrada – Ourense como requisitos para conectar aos 7 millóns de habitantes do Eixo Atlántico, especialmente cando Portugal vén de anunciar a construción do tren alfa pendular entre Valença e Lisboa para 2019.

Lamentou que aquela conexión ferroviaria “lamentablemente non chegará a Galicia” porque o goberno central non quere investir 450 millóns de euros na saída sur de Vigo e conectar co país veciño unha das liñas ferroviarias máis rendibles da península.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar