A reducción de traballadores de Meteogalicia pon en risco a viabilidade do servizo

A reducción de traballadores de Meteogalicia pon en risco a viabilidade do servizo

A reducción de traballadores de Meteogalicia pon en risco a viabilidade do servizo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, advertiu que a redución de 7 traballadores en Meteogalicia “pon en risco a viabilidade” dos servizos que presta. Gallego presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente na que criticou que a Xunta “dálle pouca importancia” a este servizo.

Gallego criticou que a Consellería de Medio Ambiente prescindira de cinco traballadores, aos que suma unha praza amortizada por excedencia que non foi cuberta e unha contratación prevista que non se realizou. Dixo que “malia parecer poucos postos a súa importancia agrávase nun servizo previsto para 30 traballadores que xa estaban ao límite”.

A responsable socialista apuntou que a información ofrecida por Meteogalicia resulta “importantísima” a nivel económico, para a actividade do sector primario, así como para o sector servizos, e especialmente para o turismo. Acusou á Xunta de dificultar os sesrvizos de predición que alertan de fenómenos meteorolóxicos adversos, as condicións do mar, a radiación UV, o estado das praias ou a meteoroloxía das cidades.

Sinalou que tamén alerta de risco de incendios ou vagas de calor e funciona como órgano consultivo para as consellerías de Educación, Sanidade, Pesca ou Medio Rural, entre outras. Este servizo, dixo, fica con só catro persoas para facer as quendas, así como para as fins de semana, mentres a subárea de TIC, que mantén 80 servidores, conta con só unha persoa, o que “significa que podemos quedar sen servizo en calquera momento”.

A parlamentaria socialista engadiu que o Goberno demostrou o seu escaso interese cara este servizo evidénciase coa instalación eólica de Gamesa á carón do novo radar meteorolóxico de Cuntis. Esta instalación provocará interferencias no radar e prexudicará a calidade das predicións da zona sur de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar