A proposta do PSOE sobre as primarias "axuda a percorrer xuntos o camiño da transparencia e da participación"

A proposta do PSOE sobre as primarias "axuda a percorrer xuntos o camiño da transparencia e da participación"

A proposta do PSOE sobre as primarias "axuda a percorrer xuntos o camiño da transparencia e da participación"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que a proposta da dirección do PSOE sobre as primarias “axuda a percorrer xuntos o camiño da transparencia e da participación da militancia” tamén en Galicia. O líder socialista anunciou que o próximo secretario/a xeral do PSdeG será escollido pola militancia antes do Congreso Federal.

Pachi Vázquez trasladou hoxe o seu “orgullo como socialista galego e español” logo de que a dirección demostrara que “percibe a sensibilidade da xente e facilita un camiño para percorrer entre todos”. Dixo que Galicia “vai ser a primeira” federación que faga unha consulta á militancia atendendo á “excepcionalidade” de ser a única que tiña convocado un Congreso antes do Congreso Federal.

Sinalou que “a consulta galega nos facilita a todos percorrer un camiño que vai percorrer o partido en España” a partir do acordo coa dirección federal e as conclusións do Comité Nacional Galego que mañá aprobará o regulamento e as datas para celebrar a consulta ás bases.

O responsable socialista desbotou que a proposta de primarias sexa “a ocorrencia dunha persoa” lembrando que foi aprobada polo 95 por cento do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE, o máximo órgano de dirección entre congresos. Sinalou que “un dos grandes acertos de Rubalcaba é darlle forma a este sentimento” a favor da consulta ás bases.

Flecos

Explicou que o socialismo galego será “o primeiro en explorar unha vía que nos beneficiará a todos e todas” escollendo ao seu secretario ou secretaria xeral “cunha votación en urna e secreta de cada militante”. Dixo que só quedan “flecos” para que a dirección nacional avale a fórmula galega que “algunha xente vía con reticencia –nunca por parte de Rubalcaba nin da dirección- por unha cuestión de oportunidade”.

O líder dos socialistas galegos anunciou que o acordo está pendente “dunha conversa coa dirección de Madrid”, pero dixo que o paso dado hoxe “simplifica para todos un gran acordo que vamos acadar”. Dixo que “o apoio e simpatía que estamos acadando en Madrid cara á nosa proposta nos obriga a todos a sentarnos e buscar fórmulas que dean solvencia e garantías”.

Vázquez salientou o apoio da dirección socialista para buscar un acordo dado que “non era fácil combinar estatutos, consulta e modelos, pero ben está o que ben acaba, e eu creo que isto vai acabar ben”. Anticipou que “espero que no Comité Nacional Galego de mañá nos sintamos todos orgullosos e aportemos o noso grao de area para que o socialismo galego sexa o primeiro en explorar unha vía que nos beneficiará a todos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar