A privatización dos rexistros civís constitúe a "mercantilización da intimidade por un acto de nepotismo"

A privatización dos rexistros civís constitúe a "mercantilización da intimidade por un acto de nepotismo"

A privatización dos rexistros civís constitúe a "mercantilización da intimidade por un acto de nepotismo"

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, cualificou hoxe de “acto de nepotismo” a privatización dos rexistros civís entregándolle a súa xestión aos rexistradores da propiedade a partir do próximo 15 de xullo. A responsable socialista mantivo un encontro hoxe con representantes dos funcionarios deste servizo, aos que lles entregou as iniciativas socialistas para frear esta “mercantilización da intimidade cidadá”.

Sestayo presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para que o PP e a Xunta se impliquen á hora de pedirlle ao Goberno que “desista da reforma iniciada do Rexistro Civil público e gratuíto tal e como está concibido na actualidade”. Estas iniciativas serán presentadas en forma de moción polos socialistas galegos en tódolos concellos de Galicia para “obrigar ao PP a pronunciarse diante desta agresión contra os servizos públicos”.

A responsable socialista censurou este “acto de negocio e corporativismo de quen nos goberna”, en alusión á condición profesional de Mariano Rajoy como rexistrador da propiedade”. A cesión de datos sensibles da vida cotiá de toda a cidadanía en favor dos rexistradores podería vulnerar ademais a Lei de Protección de Datos, “poñendo en perigo información sobre situacións que afectan ao estado civil e que debe ser protexida”.

Explicou que o Rexistro Civil “ten a súa orixe en 1871 sen que se teña producido ningunha queixa sobre o seu funcionamento”, e sempre foi atendido “por funcionarias e funcionarios da Administración de Xustiza” que fixeron del “un servizo valorado, necesario e visitado por toda a cidadanía en diferentes ocasións na súa vida”.

Encarecemento e perda de dereitos

O representante dos funcionarios os rexistros civís, Miguel Ferreiro, explicou que a cesión do servizo aos rexistradores da propiedade, lonxe de ser gratuíta para a cidadanía, suporá un incremento dos custes de entre o 800 e o 6.000 por cento. Advertiu que, ademais dos nacementos, defuncións, matrimonios e demais actos coñecidos, a reforma quere incluír novos actos que deberán pasar por este servizo.

Así, dixo que deberán ser rexistrados tamén os actos de última vontade ou extinción e revocación de poderes –no ano 2014 foron rexistrados un millón de ceses de poderes-, a notificación de domicilios rexistrais, actas autonómicas mentres “abren a posibilidade de inscrición de calquera feito dunha persoa física”.

O representante dos funcionarios chamou a “defender o público” fronte a unha iniciativa do goberno para poñer o servizo en mans de “unha minoría de 122 profesionais” ao tempo que o limitan ás capitais de provincia, no que é un “retroceso aos anos 50”.

Explicou que “xente acude a diario ao rexistro para poder cobrar as súas pensións terá que renunciar a elas porque non poden desprazarse 60 quilómetros ata a capital” e chamou ao goberno a frear a reforma “tal e como fixeron co taxazo xudicial”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar