A privatización do Hospital de Vigo obriga a "pagar a prezos de boutique un Hospital dos chinos"

A privatización do Hospital de Vigo obriga a "pagar a prezos de boutique un Hospital dos chinos"

A privatización do Hospital de Vigo obriga a "pagar a prezos de boutique un Hospital dos chinos"

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, dixo que a privatización do Hospital de Vigo imposta polo goberno de Feijóo obriga a “pagar a prezos de boutique un hospital dos chinos”. Así llelo espetou ao novo conselleiro de Sanidade, que hoxe compareceu no Pleno para presentar as liñas políticas do seu departamento que para Acuña son absolutamente continuístas coa anterior conselleira cesada “salvo o de non fumar nas praias”, ironizou.

A deputada socialista sinalou que a situación do novo Hospital, que cualificou de “marrón” para o novo conselleiro, “non se solucionará mentres non quiten a Rubial –o xerente da área sanitaria- e á empresa privada”. A situación “desastrosa” do centro, dixo, “non deriva de xuntar o CHUVI e o Xeral, senón de xuntar o público e o privado con criterios de empresa”.

Engadiu que “só botando fora á privatización poderán rematar co tremendo fracaso e arranxar o difícil problema provocado por Feijóo”, que “moita innovación pero estamos a ver cómo por segunda vez rompen as tuberías de fecais” en pleno servizo de urxencias.

A deputada socialista criticou que o novo conselleiro anunciara hoxe unha xestión continuísta coa súa predecesora, na que “a situación desastrosa e preocupante da sanidade pública non vai mudar nada porque o ideólogo é o mesmo, o señor Feijóo, atopou o orzamento do seu departamento xa feito e o equipo é o mesmo que xa tiña” a ex conselleira Mosquera.

Advertiu que o novo conselleiro, que “non vai sobrado de folgos”, ofrece un panorama “desolador” para unha sanidade pública que coa xestión de Feijóo “non é nin universal, nin pública, nin gratuíta nin de calidade”. Augurou que non vai facer “nada” para suprimir os copagos, devolver a universalidade á sanidade ou recuperar a xestión pública no Hospital de Vigo.

Acuña acusou ao goberno galego de organizar un “carajal” cos profesionais da sanidade ao obrigar “xubilacións masivas e forzosas aos 65 anos e un segundo”, impoñendo un ERE encuberto para “xubilar á elite” mentres “aos que deixaron lles recortaron salarios, libranzas e ata a carreira profesional”. Lembrou as irregularidades laborais que teñen provocado con contratos por horas en contra mesmo do criterio da inspección de traballo.

Comité de ética

A deputada socialista acusou ao novo conselleiro de ter constituído un “Comité de Bioética útil para o PP opero non para a ética” obrigándoos a “calar” e impedíndolles opinar “agás sobre o que lles permita a Consellería”.

Esta decisión, dixo, é a demostración de que “vostede non está para buscar solucións e garantir a universalidade nin o remedio ao desmantelamento da atención primaria, os colapsos de urxencias nin a situación agónica do servizo de Saúde Mental”.

Evidencia ademais, engadiu, que “a súa predecesora non foi cesada polo deterioro provocado ao sistema nin pola privatización masiva: foi cesada por regalarlle un posto ao seu marido, pola xestión do caso de aspergillus de Vigo, pola dimisión dos membros do Comité de Bioética e polo caso Andrea” no que intentou impedir a aplicación da Lei de morte digna.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar